SANTI DOMÍNGUEZ ASEGURA QUE O DECRETO DO GOBERNO SOBRE AS CAIXAS “CONSUMA O ESPOLIO SOBRE O AFORRO DOS GALEGOS E GALEGAS”

O candidato do BNG insta aos candidatos do PP e PSOE a defender os intereses de Vigo por riba dos seus partidos e chama aos vigueses a mobilizarse . O candidato á alcaldía de Vigo, Santi Domínguez, participou esta mañá nun acto informativo no barrio das Travesas sobre a bancarización de Novacaixagalicia, no que tamén estiveron Xabier Alonso e Maria Alonso, números 3 e 9 da candidatura nacionalista, xuntto con outros militantes e simpatizantes. Asegurou que o decreto do goberno que obriga á caixa galega a contar con máis de 2.600 millóns de euros para poder manter o seu modelo financeiro “consuma o gran espolio que o goberno do Estado vai facer aos aforros dos galegos e galegas”. Santi Domínguez salientou que temos a ferramenta “que pasa pola mobilización social” e fixo un chamamento aos vigueses e viguesas a participar na mobilización do domingo en Compostela, ás 12 horas, baixo o lema “Galiza ten dereito”. Dende a súa perspectiva “Galiza ten de deito a ter o seu propio sistema financeiro e que os seus aforros se invistan aquí e non vaian para fóra”. O nacionalista criticou igualmente que o Partido Popular non votara en contra do decreto, demostrando así que ao igual que o PSOE non van defender á caixa galega. Santi Domínguez afirmou que “uns e outros calan e se pregan aos intereses da gran banca”, polo que emprazou aos candidatos do PP e PSOE á Alcaldía de Vigo a defender os intereses da cidade “por riba dos seus partidos”. Santi Domínguez lamentou que o tempo “dános a razón” e confirma que o Banco de España e o goberno do Estado tiñan desde o inicio do proceso o obxectivo de privatizar as caixas. “Seguimos sen entender como hai dous meses a fusión era solvente e agora se esixen máis de 2.600 millóns de euros para continuar”, manifestou o nacionalista. Segundo o tenente de alcalde, a pregunta que hai que facer é “quen mente e cando”. Ao seu xuízo, se a fusión non era solvente, mentiu o Banco de España hai dous meses dixo que a fusión era solvente o cal “é moi grave”. Porén, se a fusión era solvente, segundo dixo, “minte agora”.

“O problema non foi a fusión, senón o decreto”

Asegurou que a causa do problema que agora afronta Novacaixagalicia non foi a fusión, senón o decreto. Puxo como exemplo o caso de Catalunya Caixa, que nestes momentos ten un core capital do 6,5%, mentres que Caixanova tiña o 6,1% antes da fusión. Indicou que Catalunya Caixa precisa agora 1.600 millóns para seguir sendo caixa e os fondos que necesitaría estarían sobre os 2.000 millóns. “Se agora temos dificultades para conseguir os 2.600 millóns de euros que esixe o Banco de España, Caixanova non podería seguir soa e non podería acceder ao FROB”, indicou ao respecto. “O problema non é a fusión, é o decreto e que o Banco de España cambia as normas. Non o digo eu, dio o director xeral de Novacaixagalicia”, subliñou candidato do BNG. Fixo referencia a unha carta enviada por José Luis Pego aos traballadores e traballadoras da entidade na que asegura que o decreto do 18 de febreiro “alterou a nosa folla de ruta, emprazándonos a un novo escenario… reducindo, de forma tan inesperada como imprevisible, a un calendario de tempo cero o límite temporal para conseguir unha nova e ata agora inexistente indefinición de capital principal que non figuraba entre as prioridades inmediatas inmediatas do plan de negocio que elaboráramos con motivo da fusión”. Segundo apuntou, nesta carta destaca que o goberno do Estado cambiou as normas de xogo “sen razóns técnicas e económicas”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “SANTI DOMÍNGUEZ ASEGURA QUE O DECRETO DO GOBERNO SOBRE AS CAIXAS “CONSUMA O ESPOLIO SOBRE O AFORRO DOS GALEGOS E GALEGAS””

  1. Lauryn Arpin dice :

    This blog appears to get a good ammount of visitors. How do you advertise it? It gives a nice individual spin on things. I guess having something useful or substantial to say is the most important factor.

  2. Kimberly29BALDWIN dice :

    Every one admits that life seems to be very expensive, but some people require money for different things and not every one earns enough money. Thence to get fast credit loans and bank loan should be good solution.

  3. click here dice :

    It seems to me that this website doesnt load up in a Motorola Droid. Are other folks having the exact same issue? I enjoy this site and dont want to have to skip it when Im gone from my computer.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: