A CONSELLERÍA DO MAR E O SECTOR DO ARRASTRE PERFILAN UNHA POSTURA COMÚN PARA ACADAR UNHA MAIOR COTA DE LIRIO ANTE A UE

  • A comisión do arrastre analizou esta tarde os informes sobre o estado da pesquería do lirio e sobre o impacto socioeconómico que supón o recorte establecido pola UE  para a frota galega
  • O encontro é preparatorio de cara á xuntanza que manterá o sector coa conselleira, Rosa Quintana, coa presidenta da comisión de pesca do Parlamento Europeo, Carmen Fraga,  e coa directora xeral da DG Mare, Lowri Evans, en Bruxelas na que se exporá as consecuencias sobre o recorte da cota desta especie  para o sector galego

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo esta tarde unha xuntanza cos representantes das principais asociacións do sector do arrastre galego para analizar os dous informes que se están a elaborar por petición conxunta do sector e da goberno de Galicia. O primeiro céntrase no estado da pesquería do lirio no Cantábrico Noroeste e o segundo trata sobre o impacto socieconómico na frota galega da redución, nun 93%, da cota asignada para esta especie pola UE neste ano. O primeiro estudo foi elaborado por técnicos da Xunta mentres que o segundo foi encargado polo departamento que dirixe Rosa Quintana á Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. A conselleira do Mar, en declaracións aos medios antes da xuntanza, explicou tamén que o encontro é fundamental para preparar a reunión que manterá coa presidenta da comisión de pesca do Parlamento Europeo, Carmen Fraga,  e coa directora xeral da DG Mare, Lowri Evans, en Bruxelas nas vindeiras semanas e na que lle exporá as consecuencias sobre o recorte da cota do lirio para o sector galego. Ao respecto, a titular de Mar, salientou a importancia de que “Administración e o sector vaian xuntos a Europa para acreditar que hai recurso suficiente para que o sector poida seguir traballando”. “Non entendemos como de un día para outro a UE pode establecer un recorte do 93% e paralizar a toda á frota” dixo. Tamén lembrou que na reunión mantida o mes pasado en Bruxelas coa comisaria europea de pesca, María Damanaki, xa lle plantexara a posibilidade de incluír observadores científicos a bordo “para comprobar de primeira man – de cara ao futuro- cómo están realmente os nosos caladoiros”. Segundo adiantou a conselleira, o primeiro dos informes permite acreditar a existencia de dous stocks diferentes. Cabe lembrar que a separación dos stocks do norte e do sur desta especie é unha das principias demandas da Xunta, que solicita á UE que se diferencie o seu destino que, por unha banda vai dirixido ao consumo humano, no sur e por outra, no norte, á produción de pensos e fariñas. A comisión do arrastre foi creada o pasado mes de decembro pola Xunta e o sector afectado para buscar solucións conxuntas de cara á redución das cotas das distintas especies que afectan a este sector establecidas pola Unión Europea para o 2011. No encontro desta tarde tamén estiveron presentes o director xeral de Ordenación y Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro e técnicos da Consellería do Mar e da Facultade de Ciencias Económicas de Santiago de Compostela.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: