A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE FINANCIARÁ CON MÁIS DE 137.000 EUROS A CONSTRUCIÓN DA CUBERTA DA PISTA DE PÁDEL E DE TENIS DA MONTESIÑA, EN SOUTOMAIOR

  • O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta tarde o concello pontevedrés
  • Tamén se prevé a realización dunha cuberta e estrutura metálica para cubrir as pistas, así como a renovación do pavimento da pista de pádel e o revestimento das súas paredes
  • Soutomaior (Pontevedra), 14 de marzo de 2011.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, trasladouse esta tarde ao concello pontevedrés de Soutomaior, onde visitou a pista de pádel e de tenis do lugar da Montesiña, así como o Pavillón Municipal. José Ramón Lete Lasa avanzou que a Secretaría Xeral para o Deporte vai investir máis de 137.000 euros na construción da cuberta da pista de pádel e de tenis da Montesiña, así como na recolocación do alumeado existente e na renovación do pavimento da pista de pádel e o revestimento das súas paredes en policarbonato, co obxectivo de mellorar as condicións para a práctica deste deporte. O secretario xeral para o Deporte lembrou a aposta da Xunta polo fomento da actividade física, consciente da mellora que isto supón no benestar dos cidadáns, e remarcou a aposta do Goberno galego pola mellora das infraestruturas deportivas nos distintos concellos da comunidade.  

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: