PORTOS DE GALICIA COLABORARÁ COA CRUZ VERMELLA EN MATERIA DE SEGURIDADE MARÍTIMO PORTUARIA
O presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana e a súa homóloga na institución humanitaria en Galicia, Carmen Colmeiro, asinaron hoxe un convenio.-
- A primeira acción a desenvolver é a cesión dun edificio portuario en Sada para a prestación de primeiros auxilios
Portos de Galicia e a Cruz Vermella autonómica veñen de asinar un acordo de colaboración en materia de seguridade marítimo portuaria. O convenio foi asinado esta mesma mañá na sede do ente público polo presidente do mesmo, José Manuel Álvarez-Campana, e a súa homóloga na institución humanitaria a nivel autonómico, Carmen Colmeiro. A finalidade é estreitar as relacións, aunar esforzos e establecer normas amplas de actuación para materias comúns entre Portos de Galicia e Cruz Roja. Ademais reforzaranse lazos de cara a colaboración mutua en materias de interese para ambas entidades, como a seguridade e salvagarda en actividades marítimo portuarias. Entre as funcións da Cruz Vermella atópanse varias relativas ao ámbito de Portos de Galicia como é salvamento, asistencia e busca de persoas que se atopen en perigo no mar, remolque de embarcacións en risco, loita contra a contaminación e vixilancia preventiva dos servizos náutico recreativos
A primeira acción a desenvolver no marco deste convenio de colaboración é a cesión, xa formalizada, dun inmoble das instalacións portuarias de Sada, destinado á actividades relacionadas cos primeiros auxilios, socorrismo e seguridade no mar. A proposta de acordo, elaborada por Portos de Galicia, ten por obxectivo reducir os riscos e incrementar a velocidade de resposta en situacións de perigo, para unha maior eficiencia. Ademais de reforzar a seguridade, Portos de Galicia proxecta un uso formativo das instalacións que porá a disposición de Cruz Vermella. Así, a organización poderá incluír nos usos do edificio, programas de formación en primeiros auxilios, propios ou coordinados co ente público, destinados aos traballadores das zonas portuarias. A cesión do inmoble produciríase por un tempo limitado, ata o 31 de decembro de 2015, aínda que con posibilidade de prórroga. En ningún caso suporía unha cesión patrimonial nin un cambio de titularidade.