SANTI DOMÍNGUEZ REÚNESE CON SIMPATIZANTES E MILITANTES DO BARRIO DE NAVIA
O acto enmárcase na precampaña que está a realizar o BNG de Vigo polas distintos barrios e parroquias da cidade O candidato á alcaldía de Vigo, Santi Domínguez, participou esta tarde nunha reunión con militantes e simpatizantes do barrio de Navia. A esta reunión tamén asistiron tamén Xabier Alonso, candidato número 3 e concelleiro de Deportes, e os números 7 e 10 da lista nacionalista, María Bouza e Xosé Sánchez (quen foi presidente da asociación de veciños de Navia). O acto tiña como obxectivo “escoitar as demandas dos veciños dun barrio que conta con moitos novos residentes e que aínda require moitos investimentos e esforzos”. Esta reunión, segundo afirmou Santi Domínguez, pretendía tamén expoñer aos participantes as ideas do BNG sobre emprego, servizos públicos e outras cuestións que van centrar o programa do BNG. Os nacionalistas mantiveron até o de agora encontros con afiliados e simpatizantes en diversos barrios e parroquias da cidade, como Teis, Coia, Bembrive, Sárdoma, Bouzas, Alcabre, Zamáns ou Comesaña. A participación está a ser notable, e segundo afirma Santi Domínguez, “a xente está preocupada pola crise, pero tamén ilusionada co proxecto que representa o BNG e o compromiso con Vigo demostrado até o de agora”. Mañá, o tenente alcalde e candidato do BNG á alcaldía manterá un encontro semellante na zona de Balaídos-Fragoso.