Semana da Intelixencia Competitiva de Galicia.

Desde o 28 de Marzo ao 1 de Abril desenvolverase en Santiago a Semana da Intelixencia Competitiva, promovida pola Consellería de Economía e Industria e organizada polo Igape para acelerar a internacionalización das empresas galegas mediante a colaboración cos clusters onde se agrupan. O obxectivo fundamental desta semana da intelixencia competitiva orientada á internacionalización é achegar ás empresas que desexan explorar outros mercados as claves e as habilidades necesarias para que poidan planificar e desenvolver con éxito as súas estratexias de proxección exterior.
 Dende o IGAPE, durante a “Semana da intelixencia Competitiva de Galicia” poñemos ó alcance do empresariado galego as ferramentas mais avanzadas para acertar na internacionalización empresarial. A Intelixencia Competitiva incorpora unha metodoloxía que permite planificar estratexicamente, solucionar problemas concretos e determinar cales son as opcións máis vantaxosas, así como identificar oportunidades e ameazas dunha maneira precisa, axudando, polo tanto, a tomar decisións correctas que se traduzan en beneficios económicos.
 
Dentro desta Semana da Intelixencia Competitiva, a xornada dedicada a cada grupo de sectores é:
Dia 28 de Marzo. Naval, automoción, metal e actividades relacionadas. Inscrición
Día 29 de Marzo. Construcción e materiais de construcción (madera, granito, pizarra). Inscrición
Día 30 de Marzo. Audiovisual, Producto Gráfico, Edición. Inscrición
 Día 1 de Abril. Alimentación e biotecnoloxía. Inscrición
A duración da xornada, que se celebrará na Aula nº 2,  na planta baixa da EGAP,( Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4,  15707 Santiago de Compostela), será de un día completo, en sesión de mañá e tarde (incluíndo coffe break e lunch break na mesma EGAP) a partir das 9:30, e o número máximo de asistentes é de 40 a repartir entre os sectores programados.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: