ECONOMÍA E INDUSTRIA MOBILIZARÁ 3,3 MILLÓNS DE EUROS PARA AXUDAS DESTINADAS AO SOTERRAMENTO DAS INFRAESTRUTURAS ELÉCTRICAS NOS CONCELLOS

  • O director xeral de Industria, Enerxía e Minas apunta que as novas achegas mellorarán a calidade do subministro eléctrico, fomentarán a eliminación do impacto paisaxístico nas vilas galegas e incrementarán a seguridade pública, posto que se priman os soterramentos nos solos urbanos e a proximidade a centros de interese social como colexios ou centros de saúde
  • Esta orde de axudas, que se repetirá ao longo da lexislatura, vai na mesma dirección e complementa ás Directrices de Ordenación do Territorio, onde tamén se contempla que os tendidos e redes de instalacións enerxéticas serán soterrados, o que permitirá combater o feísmo e a chamada contaminación eléctrica das nosas vilas
  •  O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, avanzou hoxe que a Consellería de Economía e Industria acaba de publicar no Diario de Oficial de Galicia a orde pola que destinará  nun primeiro momento 2,3 millóns de euros, que se verán incrementados até chegar aos 3,3 millóns de euros totais coas novas incorporacións orzamentarias,  a apoiar o soterramento de infraestruturas eléctricas xa existentes nos concellos de Galicia. “Deste xeito –apuntou o director-, a Consellería de Economía e Industria segue a traballar na mellora da calidade de vida dos galegos a través da mellora das infraestruturas de subministración eléctrica co obxectivo de beneficiar a todos os concellos, sobre todo aos máis pequenos, e aos seus habitantes, no actual contexto de crise económica”. Este proxecto de acordo inclúe de novo, tal e como xa se fixera con anterioridade, o pagamento de anticipos de até o 80% das subvencións concedidas sen esixencia de garantías, e incrementa a intensidade da subvención até o 80%, moi por riba do 30% que se viña subvencionado até o de agora. “A inclusión da fórmula do prefinanciamento nesta orde de convocatoria de axudas ten como finalidade facer máis eficaz a aplicación das subvencións destinadas ao soterramento das infraestruturas eléctricas nos concellos, tendo en conta que as necesidades das entidades locais precisan dunha especial atención na actual conxuntura económica”, explicou Ángel Bernardo Tahoces. Os obxectivos das axudas, da que poden ser beneficiarios todos os concellos galegos, son a mellora da calidade do subministro eléctrico, o fomento da eliminación do impacto paisaxístico nas vilas galegas e o incremento da seguridade pública, posto que se priman os soterramentos nos solos urbanos e aproximidade a centros de interese social como colexios e centros de saúde.. As subvencións, que o ano pasado beneficiaron a medio cento de concellos galegos, outorgaranse ademais en réxime de concorrencia competitiva, o que demostra a transparencia da actuación, e establece como criterios de valoración o tipo de actuación, a tensión da liña, a proximidade a centros de interese social como colexios ou centros de saúde, o tipo de solo ou o número de habitantes dos concellos, primando a aqueles que teñen unha menor poboación e polo tanto unha menor capacidade para levar adiante estas obras.     Esta orde de axudas, que xestiona a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, está incluída dentro da estratexia do Goberno galego de cara á mellora das infraestruturas eléctricas de Galicia, o que implica fundamentalmente un incremento da calidade na subministración da enerxía a nivel autonómico, conxugada coa necesaria preservación do entorno. Ademais, esta orde de axudas, que se repetirá ao longo da lexislatura, vai na mesma dirección e complementa ás Directrices de Ordenación do Territorio, onde tamén se contempla que os tendidos e redes de instalacións enerxéticas serán soterrados, o que permitirá combater o feísmo e a chamada contaminación eléctrica das nosas vilas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: