Noticias Ayuntamiento de Vigo – 17-03-2011 – Galicia



A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz

O goberno local deixa sen efecto o Plan Económico Financeiro 2010-2011 ao estar cumpridos os obxectivos de estabilidade

O Pleno da Corporación aprobou hoxe xoves esta medida ao tempo que tomou coñecemento da liquidación orzamentaria de 2010, cumprindo cos obxectivos de investir 100 millóns de euros, baixar a presión fiscal e consolidar unhas contas saneadas mediante unha “xestión austera e eficaz”, explicou a concelleira de Facenda, Raquel Díaz. A oposición, que se abstivo na votación, pediu que os 11 millóns de euros do préstamo deste ano se dediquen a pagar sentencias xudiciais pendentes.

 


Caballero presenta a primeira campaña de prevención e axuda aos usuarios do bús urbano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Mobilidade e Transporte, Xulio Calviño, presentaron xunto ao Director Xeral de VITRASA, Juan Carlos Villarino, esta novidosa campaña, pola que durante un mes dous monitores asistirán aos usuarios nos seus percorridos. Entregaranse ademais 7.000 folletos nas paradas sobre as normas de uso do transporte urbano.

 


A Alcaldía colabora con UNICEF na Marcha Solidaria para levar auga potable e saneamento a Níger

O alcalde, Abel Caballero, e unha das responsables da entidade na cidade, Marisé Pérez Mariño, presentaron hoxe xoves esta iniciativa gratuita, unha carreira popular que terá lugar o domingo ás 11 horas para sensibilizar á cidadanía da importancia da auga e para recaudar fondos para proxectos en Níger. Cada participante suporá un euro que o Concello destinará á causa, cunha cantidade xa comprometida de 6.000 euros.

 

O alcalde salienta a competitividade internacional da industria viguesa e ensalza o traballo dos enxeñeiros industriais

Abel Caballero participou este xoves nos actos de celebración do patrono da Escola Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, onde subliñou a capacidade viguesa para competir no mundo e alabou o traballo dos enxeñeiros. Respaldou o alcalde á industria viguesa e citou o exemplo da colaboración municipal coa Universidade e a empresa no proxecto europeo Civitas que impulsa Vigo para implementar o vehículo eléctrico.

 

Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO MARZO

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: