VITRASA PON EN MARCHA A PRIMEIRA CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E AXUDA AOS USUARIOS DO BUS URBANO

Durante un mes dous monitores asistirán aos usuarios nos seus percorridos  Entregaranse 7.000 folletos nas paradas sobre as normas de uso do transporte urbano. 

 

Desde este xoves 17 de marzo e durante un mes, dous monitores asistirán aos usuarios do transporte público nos seus percorridos en autobús urbano co obxectivo de orientalos sobre os riscos aos que se expoñen se non cumpren coas medidas de seguridade establecidas. Ademais, nas paradas de autobús farase entrega de folletos que serán entregados aos viaxeiros con información sobre as normas de uso do transporte urbano. Estas son algunhas das medidas postas en marcha por Vitrasa, en colaboración coa correduría de seguros Willis, na primeira Campaña de Prevención e Axuda aos viaxeiros de Vitrasa. En palabras de Juan Carlos Villarino, Director Xeral de Vitrasa “realizamos un estudo e seguimento sobre o uso do transporte e comprobamos que durante o periodo de tempo analizado o número de lesións, sobre todo en persoas maiores, era preocupante. Por iso, consideramos que era necesario poñer en marcha unha iniciativa dirixida a concienciar aos usuarios sobre as principais normas de uso do transporte para mellorar a súa seguridade. O noso compromiso coa cidade de Vigo é prioritario e consideramos que con iniciativas como esta estamos dando boa mostra disto Desenvolvemento da campaña.-Os dous monitores, debidamente formados, irán identificados con camisetas que fan alusión á campaña e terán acceso a toda a flota de vehículos. O asesoramento centrarase en catro puntos fundamentais: como comportarse antes de subir ao bus, cal é a mellor maneira para acceder ao bus, como estar dentro do vehículo e como descender. Cada monitor realizará o seu servizo en horario de 10.00 horas a 14.00 horas a bordo das principais liñas nas que se detectaron maior nivel de incidencias, axudando aos viaxeiros noss eus percorridos e ofrecendo información nas paradas.“.   

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: