XUNTA DE GALICIA ENTREGA CASE 200 CONTEDORES DE RESIDUOS ORGÁNICOS AOS CONCELLOS DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

  • A delegada territorial en Vigo, Lucía Molares, fixo entrega esta mañá ao alcalde de Salvaterra do Miño, Arturo Grandal, de 30 contedores de residuos orgánicos con carga traseira e unha capacidade de 800 litros.
  • Este novo reparto súmase á entrega de 450 contedores que o Goberno galego levou a cabo durante o ano pasado aos municipios do ámbito da Delegación Territorial.
  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investiu un total de 145.000 euros na entrega dos colectores.
  • .- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, leva investidos un total de 145.000 euros na adquisición de 650 contedores para a recollida de residuos orgánicos co fin de entregalos aos concellos que forman parte da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. A responsable do Goberno galego en Vigo, Lucía Molares, visitou esta mañá o concello de Salvaterra do Miño para facer entrega ao seu alcalde, Arturo Grandal, dun total de 30 colectores para a recollida de residuos orgánicos. Esta entrega forma parte dunha campaña iniciada o ano pasado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mediante a que se adquiriron 6.527 contedores destinados á recollida de residuos orgánicos, o que supuxo unha inversión global de 1,2 millóns de euros. A este novo reparto de case 200 contedores aos concellos da Area Metropolitana de Vigo hai que engadir a entrega de 450 colectores feita hai uns meses, o que suma un total de 650 contedores entregados aos municipios que forman parte do ámbito da Delegación Territorial por parte da Xunta e que, coma destacou a delegada da Administración autonómica na cidade, ten un dobre obxectivo para os municipios: que os concellos teñan a equipación suficiente para a mellora medioambiental e poidan repoñer tamén os recipientes deteriorados. Así, os criterios para a entrega destes recipientes de recollida do lixo establecéronse en función das solicitudes de cada concello e as necesidades actuais e as que se prantexan para os vindeiros anos. Os contedores para a recollida de residuos orgánicos que se están a entregar son de carga traseira e teñen unha capacidade para 800 litros. Ademais, están dotados de freo de seguridade en ambas rodas e están estandarizados para o seu baleirado por parte dos servizos de recolección. Respecto aos materiais, están fabricados en polietileno de alta densidade inxectado, de cor verde que é resistente ao deterioro provinte de golpes, axentes atmosféricos ou lume. Por outra banda, á hora de fabricalos tivo especial valoración o emprego de material reciclado.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: