A XUNTA AMOSA O SEU COMPROMISO DE INCENTIVAR A PROCURA DUNHA SOUCIÓN PARA A PLANTA DE CLESA EN CALDAS DE REIS

  • O conselleiro de Economía e Industria traslada aos traballadores a preocupación do Goberno de Galicia pola factoría pontevedresa e polo mantemento da produción e os empregos
  • Javier Guerra salienta que “é absolutamente necesario coñecer a situación real da empresa, e por iso vanse  estudar todos os detalles xurídicos da actual situación para buscar a mellor alternativa”
  • O Goberno galego intensificará a coordinación e o intercambio de información cos traballadores, e está a espera de manter unha reunión coa propiedade
  • O responsable autonómico lembrou que a actual situación “non a provocaron os traballadores nin a Xunta de Galicia”
  •  O conselleiro de Economía e Industria manifestou hoxe “a preocupación da Xunta de Galicia pola actual situación da planta de Clesa en Caldas de Reis e polo seu futuro”. Javier Guerra fixo estas declaracións logo de manter un encontro “denso e importante” cos representantes dos traballadores da fábrica en Pontevedra, acompañado polo director xeral do Igape, Joaquín Varela, e pola directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería do Medio Rural, Alejandra Álvarez de Mon. O conselleiro trasladou aos traballadores da planta de Clesa en Caldas de Reis “o interés máximo que a Xunta de Galicia ten para tratar de incentivar a procura dunha solución que permita a continuidade da produción e o mantemento dos 150 postos de traballo, pero sempre desde o realismo e sen xerar falsas esperanzas”. Javier Guerra insistiu ao remate do encontro cos traballadores que o Goberno da Xunta de Galicia, e sempre dentro das premisas de viabilidade real da empresa, apoiará a posible adquisición da planta dentro das súas posibilidades, e engadiu que antes de “comprar hai que saber se o propietario quere vender”. Deste xeito, o conselleiro de Economía e Industria apuntou que “é absolutamente necesario coñecer a situación real da empresa, e por iso a Consellería de Economía e Industria vai a estudar todos os detalles xurídicos da actual situación da empresa, en concurso de acredores, para coñecer todas as alternativas a un problema que non xeraron nin os traballadores nin a Xunta de Galicia”. Asemade, Javier Guerra trasladou aos traballadores a intención da Xunta de Galicia de “recuperar o encontro que tiñamos previsto coa propiedade, e que se pospuxo de xeito unilateral pola súa banda, polo que estamos á espera de fixar unha nova data para este importante encontro”. O conselleiro de Economía e Industria, que acordou intensificar todas as vías de coordinación e diálogo do seu departamento e da Consellería de Medio Rural cos traballadores afectados, apuntou tamén que a intención “da Xunta e dos traballadores é aproveitar o actual problema para convertelo nunha oportunidade incentivando a posible adquisición da planta por parte dalgún grupo que ten que comprometerse e presentar un plan empresarial viable”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: