Vigo será a primeira cidade de España en implantar a licitación electrónica desde a «nube»

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres a decisión tomada pola Xunta de Goberno Local, celebrada na mañá de venres, que deu o visto e prace ao contrato asinado entre o Concello e a empresa Vortal S.L para a implantación da contratación electrónica. O alcalde destacou que a iniciativa é unha mostra máis da transparencia nas transaccións que, a partires de agora, serán máis seguras, máis simples e máis rápidas. O aforro estimado é dun millón de euros. |
Santi Domínguez inaugura en Castrelos o primeiro xardín sensorial para persoas con discapacidade visual

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres o primeiro xardín sensorial para persoas con discapacidade visual nos xardíns históricos de Castrelos «un dos espazos máis senlleiros da cidade». Segundo destacou o nacionalista, esta iniciativa é unha mostra do compromiso de facer de Vigo «unha cidade máis igualitaria» e asegurou que este obxectivo non quedou en meras palabras, senón que se pode «comprobar en iniciativas como esta». |
Obradoiro literario «Nós tamén escritoras»

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro literario gratuito: «Nós tamén escritoras», destinado a mulleres empadroadas en Vigo, maiores de 18 anos de idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as/os que escriben. |
Pechada ao tráfico a rúa MANUEL COMINGES

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de derruba de edificio, a realizar pola empresa COVSA, estará pechada ao tráfico a rúa MANUEL COMINGES, á altura das Carneiras(Castrelos), con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 23 de marzo de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días. |
Día Mundial da Poesía

O vindeiro luns 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Para celebrar dito acontecemento, o museo Verbum – Casa das Palabras únese ás distintas celebracións con varias propostas para o día 18 e o día 20. |
Pleno do Concello de Vigo

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 21 de MARZO de 2011, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello |
|
|
  |