O PP DE REDONDELA ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE EMPREGAR O MANIFESTO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER DE XEITO PARTIDISTA

  • O candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, acompañouno, xunto cos demais membros do Comité Local, nun percorrido polos comercios e rúas da vila, seguido dunha reunión de traballo na nova sede do partido  O Partido Popular de Salceda de Caselas recibiu na tarde de onte a visita de Antonio Rodríguez Miranda, portavoz do PPdG, que se achegou á vila para estar de preto co Comité Local ademais de facer un percorrido polas rúas e os comercios da vila, “unha visita que os propios comerciantes agradeceron, botando de menos que isto mesmo non o faga o Goberno local, unha demostración de preocupación e interese polo día a día do comercio na nosa vila”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía. A nova sede do partido tamén foi escenario da visita onde se celebrou como cada semana unha xuntanza de todos os membros do Comité Local, nela Rodríguez Miranda deu ánimos e alento de cara aos vindeiros comicios do mes de maio para que o PP de Salceda de Caselas continúe co camiño emprendido, apostando sempre pola veracidade e o realismo, con propostas austeras adaptadas aos momentos que vivimos. Os populares salcedenses están xa a traballar de cara ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio, trazando as diferentes liñas de traballo a seguir sempre en beneficio do municipio e dos seus veciños, con propostas construtivas e produtivas para todos. Santiago Rodríguez Davila encabeza, como el ben define, “un gran equipo, forte e unido, no que se une xuventude, formación, experiencia e compromiso co pobo salcedense”. Un compromiso, traballo e esforzo que o propio Rodríguez Miranda puido comprobar de primeira man nesta reunión ordinaria, unha das moitas celebrada polo PP local na que se analiza e debate respecto da situación actual do municipio, formulando melloras, alternativas e novas propostas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: