PRETO DE 300 TRABALLADORES E DIRECTIVOS FÓRMANSE NAS XORNADAS TÉCNICAS SOBRE RISCOS PSICOSOCIAIS QUE IMPARTE O ISSGA

  • A directora do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Adela Quinzá-Torroja, clausurou hoxe o seminario que tivo lugar en Rande-Redondela, no que participaron máis de 130 persoas
  • A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar enmárcase dentro da oferta formativa do Instituto para este ano

  O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) está a desenvolver diversas xornadas técnicas sobre avaliación dos riscos psicosociais, unha iniciativa que se enmarca dentro da oferta formativa do propio Instituto para este ano e que xa se achegou a preto de 300 traballadores e directivos. A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, clausurou hoxe o seminario que tivo lugar no centro do Instituto en Rande-Redondela (Pontevedra). Na súa intervención explicou a importancia de que os factores de riscos psicosociais deben estar integrados no proceso global de xestión da prevención de riscos das empresas. Estes factores teñen que ver coas condicións de traballo, e sobre todo, da súa organización, que afectan a saúde das persoas a través de mecanismos psicolóxicos e fisiolóxicos, aos que coloquialmente se coñecen como estrés. “Os riscos psicosociais supoñen unha problemática que afecta tanto aos intereses persoais como empresariais, xa que afectan á saúde individual e á organización”, destacou Quinzá-Torroja, quen indicou que para o seu estudo débese partir dun enfoque bio-psicosocial que integre os distintos niveis de saúde: física, psíquica e social. Na xornada técnica celebrada en Rande, na que participaron 130 persoas, abordouse tanto a metodoloxía para a avaliación de riscos psicosociais (o proceso de avaliación e os erros máis habituais) así como as experiencias na intervención psicosocial (o seu deseño, ferramentas e factores de éxito). Ao mesmo tempo tamén se ofreceu unha visión desta problemática dende un servizo de prevención alleo. Para impartir esta actividade formativa contouse con especialistas de recoñecido prestixio no ámbito psicosocial. Así, por exemplo, asistiron Clotilde Nogareda Cuixart e Sofía Vega Martínez, especialistas en psicosocioloxía do Centro Nacional de Condicións de Traballo de Barcelona do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. Esta acción formativa supón a terceira das xornadas técnicas que durante esta semana tiveron lugar nos centros do ISSGA, relacionadas cos riscos psicosocias. Así, na Coruña participaron 120 persoas, mentres que en Ourense foron 40 os participantes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: