O tenente de alcalde inaugura no Calvario “Fiestra á liberdade”, monumento que honra aos represaliados do 36

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe na zona peonil do Calvario o monumento “Fiestra á liberdade”, obra do escultur Francisco Pazos, en lembranza de “todas as persoas, anónimas e coñecidas, que loitaron por unha sociedade mellor e que serían fusiladas ou sufrirían algún tipo de represalias durante o verán de 1936 e nos anos que seguiron”. O nacionalista, que estivo acompañado polo concelleiro de Cultura e membros da Asociación Viguesa pola Recuperación da Memoria do 32, salientou que temos que “recordar os nomes e honrar a súa memoria, como exercicio de xustiza, que non de vinganza”.
O monumento acompáñase da lenda “homenase a todas as persoas que deron a súa vida en defensa da liberdade. Neste lugar levantáronse as barricadas que en xullo do 1936 tentaron rexeitar a sublevación militar contra a República”. O tenente de alcalde afirmou que é preciso “recordar o pasado para mirar ao futuro” . Na súa opinión este é un exercicio necesario “que se demorou quizais demasiado tempo”, pero indicou que hoxe “queremos reparar ese erro”.
Santi Domínguez considera que este tipo de actos e homenaxes deberían ser apoiados por todas as institucións e por todos os partidos políticos, xa que “un réxime como o de Franco debería ser unanimente condenado”, pero lamentou que “desgraciadamente non é así”.
No acto interviú tamén unha representante da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 quen salientou a relevancia de poder inaugurar hoxe este monumento e quixo agradecer á Concellería de Cultura que o fixera posible. Resumiu en tres palabras “verdade, xustiza e reparación” a reivindicación de todas as familias que sufriron as consecuencias da represalia fascista e lembrou que en Vigo aínda queda como asignatura pendente a Cruz do Castro, que debe ser derrubada, para cumprir coa Lei da Memoria Histórica e honrar tamén así a todos os represaliados.
O tenente de  alcalde manifestou o seu compromiso de seguir apoiando a recuperación da Memoria Histórica e asegurou que se o BNG ten maioría no goberno municipal derrubará a Cruz do Castro. A este respecto co concelleiro de Cultura, Xesus López, lembro que este castro anos de mandato foron “catro anos para non esquecer e para dignificar”. Lembrou que desde as áreas nacionalistas eliminouse a simboloxía franquista da Casa das Artes e deuse nome de mulleres represaliados a seis rúas da cidade, ademáis de crear “espazos da memoria” en Pereiró, Puxeiros e O Castro. Ao igual que Santi Domínguez, dixo que hai que continuar e “acabar cunha cruz que, para vergoña de todos e todas, sigue presente no Castro”.
 “Fiestra á liberdade” é unha peza monolítica de granito que nunha das súas caras representa as pegadas de dous pés e dúas mans, coa idea de sugerir unha persoa tentando acadar a fiestra da liberdade, e na outra cara aparecen as pegadas dunha cadea quebrada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: