Archivo | marzo 21, 2011

El tiempo en Galicia

Previsión meteorológica cada tres horas (las próximas 48 horas)

Pronóstico para cinco días (Detalles)  
Mañana
22 marDespejadoDespejado
miércoles
23 marLluvia la 2ª mitad del díaLluvia la 2ª mitad del día
jueves
24 marLluviaLluvia
viernes
25 marLlovizna ligeraLlovizna ligera
sábado
26 marLlovizna ligeraLlovizna ligera
Máx.: 18°
Mín.: 11°
Máx.: 16°
Mín.: 10°
Máx.: 14°
Mín.: 10°
Máx.: 13°
Mín.:
Máx.: 13°
Mín.:

Pronóstico detallado para diez días

Mapas del tiempo

ÉXITO DA VIAXE Á NEVE ORGANIZADA POLAS NOVAS XERACIÓNS DE SALCEDA DE CASELAS

5 mozos practicaron o deporte do esquí na estación leonesa de San Isidro ao longo desta fin de semana.- 1.- Os mozos do Partido Popular de Salceda de Caselas non deixan de organizar eventos e actividades para promover e fomentar a cultura e o deporte. Primeiro foi un campamento de verán, logo a peregrinación ao Santuario da Franqueira e a Santiago de Compostela e agora un total de 55 mozos participaron da viaxe á neve organizada dende Novas Xeracións do PP de Salceda de Caselas. Unha excursión á estación leonesa de San Isidro que tivo lugar nesta pasada fin de semana, os días 19 e 20 de marzo, e da que todos os seus participantes chegaron moi contentos e satisfeitos, xa non só por practicar o deporte do esquí senón tamén por compartir todos xuntos unhas xornadas de lecer. Os membros de NNXX están xa a traballar na organización de actividades para vindeiras datas, das que se irán dando conta no seu momento co fin de que participen delas todos os mozos salcedenses que así o desexen.

EL CONCELLO DO PORRIÑO HA INSERTADO DIRECTAMENTE EN EL MERCADO LABORAL A MÁS DE 200 PERSONAS A TRAVÉS DE SUS POLÍTICAS DE EMPLEO Y ORGANIZA PARA ESTE SÁBADO UNA JORNADA DE PUERTAS ABIERTAS CON EMPRESAS

En el marco del nuevo Plan Municipal de Empleo, el objetivo de continuar y mejorar la cifra de inserción laboral obtenida en 2010 se ponen en marcha a través de la puesta en marcha de diferentes acciones como son la propia Bolsa de Empleo, el VI PIEP, el Plan Experimental de Empleo para Inmigrantes y los programas de cooperación web www.concellodoporrino.net

PORTOS DE GALICIA REMODELARÁ O DIQUE FLOTANTE DE ABRIGO DE AGUETE PARA MELLORAR A SÚA FUNCIONALIDADE E ESTABILIDADE ANTE CONDICIÓNS ADVERSAS

O presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana, presentou a proposta, baseada nos estudos técnicos de enxeñeiros da Universidade da Coruña.-

  • O organismo autonómico investirá preto de 800.000 euros na mellora da zona portuaria, coa construción, tamén, dun edificio de servizos para usuarios
  • Portos de Galicia reforzará o abrigo do porto de Aguete, no concello pontevedrés de Marín, a través da reconstrución, reordenación e ampliación do dique flotante existente. Esta actuación permitirá mellorar a funcionalidade do dique, especialmente ante condicións climatolóxicas adversas, nunhas instalacións portuarias moi azotadas polos ventos do nordés. A proposta de reforzo do abrigo foi presentada esta mañá polo presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana. Leer Más…

MAÑANA SALE A LA VENTA EL NUEVO DISCO DE ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

Mañana,  martes, 22 de marzo, se publica el nuevo disco de ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS, con el título ”Están ustedes unidos” (Esmerarte/ Altafonte). El disco estará disponible en El Corte Inglés, FNAC y Elepé Vigo.
El concierto de presentación del disco será el próximo jueves 24 de marzo en el “Nuevo Tinglado del Puerto”, detrás del edificio de la Xunta de Vigo, a las 21.00. La entrada será gratuita hasta contemplar aforo.
En la web del grupo ya se puede escuchas el disco completo, así como visualizar el videoclip de su single “La Cruz”, que se rodó en la Isla de San Simón bajo la dirección de Alberto Baamonde

Xornada de portas abertas mañá en Adicae Vigo

Actividade de portas abertas que realizaremos en Adicae Vigo, mañá martes 22 de marzo, co fin de informarse e revisar os contratos financeiros dos consumidores así como coñecer os seus dereitos e formas de reclamación.a tódolos consumidores que desexen achegarse á nosa oficina da Rúa Velázquez Moreno  nº9  para revisar os seus contratos de hipotecas e préstamos,  de aforro e investimento (plans de pensións, depósitos, fondos de inversión, etc), tarxetas e seguros de todo tipo co fin de informar e resolver tódalas consultas e dudas que os consumiodres queiran plantexar.

EL E.D.VIGO2015 VENCE AL AZKAR LUGO EN EL PRIMER PARTIDO DE PLAY OFF POR EL TITULO GALLEGO.

Dificil y trabajada fue la victoria del E.D.VIGO2015 en el primer partido de play off por el titulo gallego de fútbol sala. El equipo luce nse se presento en AS TRAVESAS con su equipo de gala y empezó presionando a los locales prueba de ello que la primera parte finalizó con empate a cero y el equipo local cargado con 5 faltas. En la 2ª mitad el mister vigues Fabio Oliveira hizo cambios para intentar romper la agerrida defensa visitante y primero Enrique y luego Oli, consiguieron batir la porteria lucense.
En el otro partido de play off el Liceo Coruña venció con facilidad al Coutada por 12-2. El próximo fin de semana el E.D.VIGO2015 jugará contra el LICEO CORUÑA, ambos campeones de sus respectivas Ligas Autonomica Norte y Sur. El vencedor dará un paso de gigante para conseguir el titulo gallego.
CATEGORIAS INFERIORES.
Aprovechando el partido en el pabellón Central de Las Traviesas se hizo la foto de familia de todos los equipos de fútbol sala Benjamines A y B, Alevín, Infantil A,B y C, y cadetes A y B. Los equipos del club de categoria local marchan lideres de sus respectivas categorias y el equipo cadete de liga gallega va 3º clasificado, mientras que el infantil está jugando el play off por el título.
 Francisco Fernández
www.edvigo2015.com

MATO INAUGURA O NOVO CENTRO DE MENORES ESPECIALIZADO EN TRASTORNOS DE CONDUTA, O ÚNICO DESTAS CARACTERÍSTICAS EN GALICIA

  • A conselleira de Traballo e Benestar visitou hoxe as novas instalacións que ofertan un total de 15 prazas
  • A Xunta destinará preto de 670.000 euros ao ano ao concerto do total das prazas durante as próximas dez anualidades

 A Xunta de Galicia destinará durante os próximos dez anos un importe anual de preto de 670.000 euros ao concerto das 15 prazas que oferta o novo centro de protección de menores especializado en trastornos de conduta. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe as novas instalacións de Chavea, que se emprazan na localidade de Vilagarcía. A Fundación Lar pro saúde mental xestionará o centro, o único destas características que existe en toda Galicia. Leer Más…

“Saímos do proxecto para iniciar a construción, sen marcha atrás, do hospital público máis grande que se vai iniciar no ano 2011 en España e un dos hospitais públicos máis importantes de Europa”, remarca

  • Destaca que os 600.000 usuarios de Vigo e a súa área de influencia van ter unha asistencia sanitaria “excelente, nun hospital excelente”, tanto desde o punto de vista construtivo, como das urxencias, do bloque cirúrxico ou da alta tecnoloxía
  • Lembra que só a construción do hospital creará 1.500 postos de traballo e que posteriormente preto de 5.000 persoas prestarán os seus servizos nesta infraestrutura
  • Salienta a aposta pola eficiencia enerxética e afirma que o de Vigo será probablemente o único hospital público en España que teña a máxima catalogación de eficacia enerxética  
  • “Hoxe comeza unha realidade que non ten marcha atrás. De momento estabamos con proxectos, agora comeza a realidade: esa realidade son 31 meses de construción”, afirmou o presidente da Xunta avanzando que o novo hospital público de Vigo estará rematado a finais do ano 2013. Leer Más…

Noticias Ayuntamiento de Vigo 21-03-11 – Galicia

A Corporación concede a Medalla da Cidade á Federación de Comercio de Vigo

O Pleno da Corporación municipal respaldou por unanimidade esta concesión, e aprobou o nomeamento de sete Vigueses Distinguidos: a Asociación de Directores de Colexios Públicos de Vigo, a Fundación Banco de Alimentos, Cipriano Jiménez Casas, o Club Maniotas, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, a Unión Musical de Valadares e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo. Esta última tivo a oposición do grupo municipal do Partido Popular e foi aprobada cos votos do goberno local.

 

Respaldo unánime do Pleno da Corporación para declarar Vigo e Galiza como zonas desnuclearizadas

O BNG acadou o apoio unánime da corporación para declarar ao Concello de Vigo como zona desnuclearizada e na adhesión ao acordo do Parlamento de Galiza de 6 de setembro de 2006, para que a Xunta se dirixa ao goberno do Estado para que Galiza sexa de maneira efectiva territorio desnuclearizado. Segundo explicou a concelleira nacionalista María Méndez, esta declaración implica a prohibición de localizar no territorio galego un cemiterio nuclear ou depósitos de almacenamento de residuos nucleares, así como a prohibición de que en Galiza se constrúan centrais nucleares.

 

O goberno local reclama investimentos en Vigo da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra

A iniciativa do grupo municipal socialista, o Pleno da Corporación aprobou hoxe luns unha moción -co voto do PP en contra- instando a ambas institucións a atender ás demandas efectuadas polo alcalde de Vigo en distintas reunións celebradas nos últimos anos, reclamando dos organismos autonómico e provincial que destinen investimentos na cidade de Vigo.

 

A Corporación solicita ao goberno local que “determine a localización onde a Biblioteca do Estado sexa un proxecto realizable”

A proposta de acordo, presentada polo Partido Popular e respaldada polos grupos do goberno vigués, insta ao Concello a determinar unha ubicación “realizable” para a dotación esta dotación, unha vez está “comprometida polo Ministerio de Cultura”. A moción di que “son xa catro” as presentadas ante o Pleno en relación á cuestión “sen que Vigo obtivese unha resposta definitiva”.

 

O Concello pide á Xunta ampliar o colexio de Navia e destinar medios para a mellor atención dos escolares con necesidades especiais

A concelleira de Educación, a socialista Laura López Atrio, presentou no Pleno deste luns de urxencia esta moción, aprobada cos votos do BNG e a negativa do PP. O acordo adoptado insta ao goberno autonómico a ampliar o CEIP Daniel Rodríguez Castelao de Navia e a mellorar as condicións educativas do alumnado con necesidades especiais, dotando de medios e recursos aos centros e ás familias. O texto propón que as institucións públicas convenien para “conseguir o máximo desenvolvemento e autonomía persoal” do colectivo.

 

O Pleno pide a posta en marcha de puntos limpos na cidade

A Corporación Municipal de Vigo votou hoxe luns en sesión plenaria que o goberno local poña en marcha “os puntos limpos que establecen no Plan Xeral da cidade de Vigo”. Segundo apunta o texto validado, o PXOM vigués -en vigor desde o 25 de agosto de 2008- fixa oito ámbitos para a localización desta “alternativa para a reciclaxe de residuos especiais”, unha situación que “a cidade de Vigo non se pode permitir nin un minuto máis”.

 

Mañá martes comeza no Auditorio Municipal o proxecto “Raizames” coa actuación do grupo vasco Oreka Tx

A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural no Auditorio Municipal continúa mañá co inicio do proxecto “Raizames”. O primeiro concerto desta iniciativa correrá a cargo da banda vasca de txalaparta Oreka Tx, que ofrecerá o espectáculo Nömadak Tx ás 20.30 horas. O prezo das entradas é de 10 euros, e pódense mercar na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

 


400 participantes uníronse a UNICEF e á Alcaldía de Vigo na marcha solidaria da auga por Níger

Coa participación de distintas autoridades municipais, como o alcalde, Abel Caballero, esta carreira popular tivo lugar onte domingo para sensibilizar á cidadanía da importancia da auga e para recaudar fondos para proxectos en Níger. Cada participante supuxo un euro que a Alcaldía de Vigo destinará á causa, cunha cantidade xa comprometida anteriormente de 6.000 euros.

 


A Concellería de Medioambiente levou a 300 persoas á ruta do Foxo do Lobo

O departamento que dirixe a socialista Chus Lago levou onte domingo a unhas 300 persoas a percorrer a ruta do Foxo do Lobo, na Serra do Suído, un dos novos traxectos programados da actual edición do “Camiño a Camiño”. O percorrido, de alta intensidade, prolongouse durante 12 quilómetros nos que os participantes poideron aprender sobre a conservación e perigo de extinción do lobo gris na Península Ibérica.

 


O Auditorio do IFEVI volveuse encher para seguir as actuacións do Festival de Habaneras e Polifonía Cidade de Vigo

O Instituto Feiral de Vigo encheuse onte domingo na terceira xornada do Festival para presenciar as actuacións das cinco corais polifónicas programadas, da Lira de San Miguel de Oia, Vla do Fragoso, Rueiro de Coia, Santa Clara de Lavadores e da SCD Atlántida de Matamá. O evento, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) coa colaboración da Alcaldía de Vigo, voltará ao IFEVI o próximo domingo, 27 de marzo.

 


Presentación do documental DIGNA RABIA

O vindeiro martes, 22 de marzo ás 19:00 h terá lugar a presentación do documental DIGNA RABIA no MARCO (rúa do Priíncipe, 54).O Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade organizan este acto enmarcado nas actividades organizadas ao longo do mes de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller.