As traballadoras/es de Alfageme protestarán diante de Industria para reclamar a implicación da Xunta

As traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizarán mañá unha concentración diante da delegación da Consellería de Industria e o Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e a “nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes da CIG e do comité de empresa compareceron hoxe publicamente para reclamar a dimisión do conselleiro Javier Guerra e do presidente do Igape. O secretario nacional da FGAMT-CIG lembrou durante a rolda de prensa que dende que se iniciou o concurso de acredores “non tivemos ningunha xuntanza coa Administración a pesar de tela solicitado en numerosas ocasións”. Xosé Fernández Piñeiro adiantou que para esta mesma tarde (17.00 horas) está prevista unha reunión co director do Igape, pero incidiu en que descoñecen as posíbeis ofertas de compra que o conselleiro de Industria, quen ía a liderar o proceso despois de que se aprobase no Parlamento unha moción nese sentido, “dixese nos medios de comunicación que se tiñan producido”.
A mobilización de mañá (a partir das 11.30 na Praza da Estrela de Vigo) convócase precisamente para reclamar información oficial, xa que de xeito oficioso os arredor de 350 afectados/as saben que o Consorcio Conservero Español, con sede en Cantabria, volveu realizar unha oferta polas plantas de Vilaxoán e Ribadumia “na que se comprometen a manter o emprego e a actividade industrial”, aínda que se descoñecen os detalles da proposta. Neste senso, dende a CIG anuncian que as mobilizacións continuarán até que a Xunta de Galiza ofreza datos sobre as xestións que está a realizar e os contactos que mantén cos posíbeis compradores. “Do contrario, o PP terá unha comitiva de Alfageme acompañando os seus candidatos nos mitins electorais”.
A central nacionalista e o comité de empresa apostan tamén por que se apoien os plans industriais que permitan manter os 140-150 postos de traballo existentes nos centros de Vilaxoán e Ribadumia, “o que tamén permitiría que as persoas de Vigo que solicitaron a rescisión de contratos poidan cobrar as indemnizacións íntegras”. Neste punto, Piñeiro explicou que presentarán un recurso para que os traballadores/as que “desoíndo as recomendacións da CIG” non pediron no seu día a rescisión de contrato poidan cobrar 45 días por ano traballado “e non os 20 que lles concederon na actualidade”.
Cartos públicos
O secretario nacional da FGAMT-CIG indicou que o conflito de Alfageme insírese nunha problemática que supera o eido estritamente laboral, “tendo en conta que a Administración galega pasará a ser a maior acredora da empresa xa que lle concedeu, a través do Igape, un aval de 44 millóns de euros que os bancos van executar”. Ao seu xuízo, esta xestión irresponsábel terá repercusións negativas para o conxunto da cidadanía galega, tendo en conta que os avais foron concedidos con fondos públicos.
En canto ao proceso concursal, Piñeiro explicou que se atopa en fase de liquidación, tal e como o xuíz decretou o pasado 8 de marzo. “Agora os administradores teñen 15 días para presentar o seu informe de liquidación”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: