ECONOMÍA E INDUSTRIA PON EN MARCHA O PROGRAMA BELENUS PARA FORMAR E INFORMAR AOS CONSUMIDORES SOBRE A TARIFICACIÓN ELÉCTRICA

  • Esta nova acción do Instituto Galego de Consumo a prol dos consumidores galegos forma parte da estratexia da Consellería de Economía e Industria para garantir os dereitos e os intereses lexítimos dos consumidores fronte a un mercado en constante cambio como é o eléctrico
  • O programa Belenus está dirixido aos profesionais do IGC e das OMICs e ás asociacións de consumidores, que contarán con accións formativas e informativas en diferentes localidades de Galicia
  •  A Consellería de Economía e Industria puxo hoxe en marcha unha nova iniciativa para avanzar no camiño da formación e a información do consumidor: o programa Belenus, que ten o obxectivo de achegar á cidadanía información sobre o cambio nas tarifas eléctricas, con especial atención á Tarifa de Último Recurso, á Tarifa Social e ás tarifas de discriminación horaria. Así o explicou hoxe a directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, ante o persoal de propio instituto, asociacións de consumidores e concellos de toda Galicia no acto de presentación desta acción estratéxico da Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra. Nava Castro, ao igual que fixo o conselleiro a semana pasada, enmarcou esta nova iniciativa do Instituto Galego de Consumo a prol dos consumidores galegos no “traballo constante da Consellería de Economía e Industria para garantir os dereitos e os intereses lexítimos dos consumidores fronte a un mercado en constante cambio como é o eléctrico”, e explicou que o programa Belenus formará de xeito específico a persoal do Instituto Galego de Consumo, das oficinas municipais de consumo e das distintas asociacións de consumidores para que trasladen á cidadanía todos os aspectos salientables da nova tarificación eléctrica. A directora xeral lembrou que o programa Belenus se apoia nas asociacións de consumidores de Galicia, “que contarán con accións formativas do Instituto Galego de Consumo, nun primeiro momento, na Coruña, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Verín, Ribadavia, Melide, Sanxenxo, Barreiros e Monforte, nun exemplo máis de colaboración da Xunta con estes colectivos, aliados naturais na nosa estratexia no eido da protección ao consumidor”. Asemade, avanzou tamén que nunha segunda fase, este programa chegará a cidades como Ourense, Santiago, Lugo, Ferrol e aquelas outras localidades galegas nas que teñan presenza asociacións de consumidores

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: