ÉXITO DA VIAXE Á NEVE ORGANIZADA POLAS NOVAS XERACIÓNS DE SALCEDA DE CASELAS

5 mozos practicaron o deporte do esquí na estación leonesa de San Isidro ao longo desta fin de semana.- 1.- Os mozos do Partido Popular de Salceda de Caselas non deixan de organizar eventos e actividades para promover e fomentar a cultura e o deporte. Primeiro foi un campamento de verán, logo a peregrinación ao Santuario da Franqueira e a Santiago de Compostela e agora un total de 55 mozos participaron da viaxe á neve organizada dende Novas Xeracións do PP de Salceda de Caselas. Unha excursión á estación leonesa de San Isidro que tivo lugar nesta pasada fin de semana, os días 19 e 20 de marzo, e da que todos os seus participantes chegaron moi contentos e satisfeitos, xa non só por practicar o deporte do esquí senón tamén por compartir todos xuntos unhas xornadas de lecer. Os membros de NNXX están xa a traballar na organización de actividades para vindeiras datas, das que se irán dando conta no seu momento co fin de que participen delas todos os mozos salcedenses que así o desexen.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: