INTERNACIONALIZACIÓN RÍAS BAIXAS

  • A cooperación institucional co Igape ten ofrecido importantes resultados para incrementar a penetración destes viños galegos no mercado americano, que recibiu 1,7 millóns de litros na última campaña
  • O programa de promoción dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas en Estados Unidos chegará aos 2,1 millóns de dólares USA
  • Javier Guerra destacou que os investimentos da Xunta para impulsar a internacionalización das empresas galegas suman xa 48,5 millóns, na lexislatura
  • O presidente do Igape, Joaquín Varela de Limia, amosouse satisfeito da acollida das empresas galegas ao programa a prol da internacionalización no que se aprobaron 1.043 solicitudes en 2010
  •  A Consellería de Economía e Industria financiará o 55% da compaña de internacionalización dos viños da denominación de orixe Rías Baixas en Estados Unidos, no marco dun acordo de cooperación co Instituto Galego de Promoción Económica que presentou hoxe en Pontevedra o conselleiro Javier Guerra. O titular de Economía e Industria explicou que o desenvolvemento do programa de promoción dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas en Estados Unidos, durante o período 2011/2013, chegará aos 2,1 millóns de dólares USA, fornecido con achegas deste convenio e mais coas posteriores aportacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe. Guerra salientou que neste marco de cooperación estanse acadando notables resultados en canto á penetración dos brancos galegos nun mercado tan selectivo como o americano e apuntou que o volume de exportacións de Rías Baixas a USA medrou nun 13,3% na última campaña, ao pasar de 1,5 a 1,7 millóns de litros, en tanto que o valor das exportacións medraba nun 15%. Ademais, o conselleiro lembrou que o Igape tamén apoia a participación desta denominación de orixe e as súas adegas noutras feiras internacionais, mediante as liñas de apoio á internacionalización  e doutras plataformas de colaboración interinstitucional, como o Plan de Promoción de Produtos Agroalimentarios en China e India, en cuxo desenvolvemento colabórase con organismos de promoción económica de todas as autonomías españolas. Neste sentido, Guerra destacou tamén que desde o comezo da actual lexislatura, o actual Goberno da Xunta impulsou un programa integral de apoio ás estratexias de internacionalización das empresas galegas, o que supuxo, ata 2010, un incremento do 152% dos investimentos neste capítulo. “Cos case 20 millóns orzamentados para 2011, son xa 48,5 millóns os que puxo o actual Goberno a disposición das empresas galegas que decidan asumir o reto da internacionalización”, suliñou o conselleiro. Pola súa banda, o presidente do Igape, Joaquín Varela de Limia, amosouse satisfeito da acollida das empresas galegas a este programa a prol da internacionalización no que se aprobaron 1.043 solicitudes de apoio a iniciativas e proxectos, o que supón un 209% máis no 2010, con respecto ao ano anterior.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: