Noticias Ayuntamiento de Vigo 21-03-11 – Galicia

A Corporación concede a Medalla da Cidade á Federación de Comercio de Vigo

O Pleno da Corporación municipal respaldou por unanimidade esta concesión, e aprobou o nomeamento de sete Vigueses Distinguidos: a Asociación de Directores de Colexios Públicos de Vigo, a Fundación Banco de Alimentos, Cipriano Jiménez Casas, o Club Maniotas, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, a Unión Musical de Valadares e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo. Esta última tivo a oposición do grupo municipal do Partido Popular e foi aprobada cos votos do goberno local.

 

Respaldo unánime do Pleno da Corporación para declarar Vigo e Galiza como zonas desnuclearizadas

O BNG acadou o apoio unánime da corporación para declarar ao Concello de Vigo como zona desnuclearizada e na adhesión ao acordo do Parlamento de Galiza de 6 de setembro de 2006, para que a Xunta se dirixa ao goberno do Estado para que Galiza sexa de maneira efectiva territorio desnuclearizado. Segundo explicou a concelleira nacionalista María Méndez, esta declaración implica a prohibición de localizar no territorio galego un cemiterio nuclear ou depósitos de almacenamento de residuos nucleares, así como a prohibición de que en Galiza se constrúan centrais nucleares.

 

O goberno local reclama investimentos en Vigo da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra

A iniciativa do grupo municipal socialista, o Pleno da Corporación aprobou hoxe luns unha moción -co voto do PP en contra- instando a ambas institucións a atender ás demandas efectuadas polo alcalde de Vigo en distintas reunións celebradas nos últimos anos, reclamando dos organismos autonómico e provincial que destinen investimentos na cidade de Vigo.

 

A Corporación solicita ao goberno local que “determine a localización onde a Biblioteca do Estado sexa un proxecto realizable”

A proposta de acordo, presentada polo Partido Popular e respaldada polos grupos do goberno vigués, insta ao Concello a determinar unha ubicación “realizable” para a dotación esta dotación, unha vez está “comprometida polo Ministerio de Cultura”. A moción di que “son xa catro” as presentadas ante o Pleno en relación á cuestión “sen que Vigo obtivese unha resposta definitiva”.

 

O Concello pide á Xunta ampliar o colexio de Navia e destinar medios para a mellor atención dos escolares con necesidades especiais

A concelleira de Educación, a socialista Laura López Atrio, presentou no Pleno deste luns de urxencia esta moción, aprobada cos votos do BNG e a negativa do PP. O acordo adoptado insta ao goberno autonómico a ampliar o CEIP Daniel Rodríguez Castelao de Navia e a mellorar as condicións educativas do alumnado con necesidades especiais, dotando de medios e recursos aos centros e ás familias. O texto propón que as institucións públicas convenien para “conseguir o máximo desenvolvemento e autonomía persoal” do colectivo.

 

O Pleno pide a posta en marcha de puntos limpos na cidade

A Corporación Municipal de Vigo votou hoxe luns en sesión plenaria que o goberno local poña en marcha “os puntos limpos que establecen no Plan Xeral da cidade de Vigo”. Segundo apunta o texto validado, o PXOM vigués -en vigor desde o 25 de agosto de 2008- fixa oito ámbitos para a localización desta “alternativa para a reciclaxe de residuos especiais”, unha situación que “a cidade de Vigo non se pode permitir nin un minuto máis”.

 

Mañá martes comeza no Auditorio Municipal o proxecto “Raizames” coa actuación do grupo vasco Oreka Tx

A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural no Auditorio Municipal continúa mañá co inicio do proxecto “Raizames”. O primeiro concerto desta iniciativa correrá a cargo da banda vasca de txalaparta Oreka Tx, que ofrecerá o espectáculo Nömadak Tx ás 20.30 horas. O prezo das entradas é de 10 euros, e pódense mercar na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

 


400 participantes uníronse a UNICEF e á Alcaldía de Vigo na marcha solidaria da auga por Níger

Coa participación de distintas autoridades municipais, como o alcalde, Abel Caballero, esta carreira popular tivo lugar onte domingo para sensibilizar á cidadanía da importancia da auga e para recaudar fondos para proxectos en Níger. Cada participante supuxo un euro que a Alcaldía de Vigo destinará á causa, cunha cantidade xa comprometida anteriormente de 6.000 euros.

 


A Concellería de Medioambiente levou a 300 persoas á ruta do Foxo do Lobo

O departamento que dirixe a socialista Chus Lago levou onte domingo a unhas 300 persoas a percorrer a ruta do Foxo do Lobo, na Serra do Suído, un dos novos traxectos programados da actual edición do “Camiño a Camiño”. O percorrido, de alta intensidade, prolongouse durante 12 quilómetros nos que os participantes poideron aprender sobre a conservación e perigo de extinción do lobo gris na Península Ibérica.

 


O Auditorio do IFEVI volveuse encher para seguir as actuacións do Festival de Habaneras e Polifonía Cidade de Vigo

O Instituto Feiral de Vigo encheuse onte domingo na terceira xornada do Festival para presenciar as actuacións das cinco corais polifónicas programadas, da Lira de San Miguel de Oia, Vla do Fragoso, Rueiro de Coia, Santa Clara de Lavadores e da SCD Atlántida de Matamá. O evento, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) coa colaboración da Alcaldía de Vigo, voltará ao IFEVI o próximo domingo, 27 de marzo.

 


Presentación do documental DIGNA RABIA

O vindeiro martes, 22 de marzo ás 19:00 h terá lugar a presentación do documental DIGNA RABIA no MARCO (rúa do Priíncipe, 54).O Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade organizan este acto enmarcado nas actividades organizadas ao longo do mes de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: