Novas Xeracións organiza o primeiro Obradoiro de emprendemento e búsqueda de emprego en Sanxenxo.

  • Obradoiros coma este favorecen á formación de futuros profesionais.
  • Dorado destacou o papel de NN.XX “empeñada en axudar aos mozos a saír da crise”.

 Novas Xeracións de Galicia  celebrou o primeiro obradoiro de emprendemento e búsqueda de emprego que tivo lugar na Sala Nauta do Porto Deportivo de Sanxenxo ao que asistiron arredor de sesenta mozos de diversos lugares da comarca. Para a apertura deste acto estivo presente a candidata á Alcaldía de Sanxenxo, Catalina González Bea e Diego Gago, presidente de NNXX de Pontevedra. Este obradoiro tiña como fin principal  formar aos mozos nunhas pautas xerais de emprendemento e tomar conciencia de que o emprendedurismo é outra vía para enfrentarse ó mercado laboral. A programación da mañá dividiuse en dous bloques. A primeira ponencia foi da man de Maite Cancelo, directora do Bic Galicia; a cal deu unhas indicacións acerca do currículo vitae e das entrevistas de traballo, pero sobretodo na importancia de desenrolar un proxecto de éxito e de que maneira pode resultar viable. O segundo bloque comezou ca intervención de Ovidio Rodeiro, director Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, que achegou ós asistentes ó taller información acerca das tantas axudas que ofrece a nosa comunidade autónoma de cara ás pemes, asociacións ou xóvenes empresarios, así como tamén informou dun programa europeo de axudas de cara os emprendedores. Rematando este taller, interviu un destacado emprendedor de Sanxenxo, Rafael Domínguez, socio fundador de Inelsa, OCV e Edomin, empresas adicadas principalmente á fabricación de paneis solares e a solución de problemas enerxéticos. Para finalizar, o presidente autonómico de NN.XX, Javier Dorado clausurou a xornada de emprendemento, agradecendo tanto aos asistentes coma aos poñentes a súa asistencia e destacando o novo xiro da organización “empeñada en axudar aos mozos a saír da crise”. Xornadas deste tipo son as que aportan valor a esta organización político-xuvenil, de xeito que animan a unha parte da sociedade en movemento que non ten que deixar de aprender para convertirse nuns profesionais competentes e de éxito. Concretamente este obradoiro forma parte dunha programación de actividades que desenrolará Novas Xeracións a través da coodinadora de Economía e emprego, Lorena Pérez, nas próximas semanas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: