Archivo | marzo 21, 2011

As traballadoras/es de Alfageme protestarán diante de Industria para reclamar a implicación da Xunta

As traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizarán mañá unha concentración diante da delegación da Consellería de Industria e o Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e a “nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes da CIG e do comité de empresa compareceron hoxe publicamente para reclamar a dimisión do conselleiro Javier Guerra e do presidente do Igape. O secretario nacional da FGAMT-CIG lembrou durante a rolda de prensa que dende que se iniciou o concurso de acredores “non tivemos ningunha xuntanza coa Administración a pesar de tela solicitado en numerosas ocasións”. Xosé Fernández Piñeiro adiantou que para esta mesma tarde (17.00 horas) está prevista unha reunión co director do Igape, pero incidiu en que descoñecen as posíbeis ofertas de compra que o conselleiro de Industria, quen ía a liderar o proceso despois de que se aprobase no Parlamento unha moción nese sentido, “dixese nos medios de comunicación que se tiñan producido”. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA PON EN MARCHA O PROGRAMA BELENUS PARA FORMAR E INFORMAR AOS CONSUMIDORES SOBRE A TARIFICACIÓN ELÉCTRICA

  • Esta nova acción do Instituto Galego de Consumo a prol dos consumidores galegos forma parte da estratexia da Consellería de Economía e Industria para garantir os dereitos e os intereses lexítimos dos consumidores fronte a un mercado en constante cambio como é o eléctrico
  • O programa Belenus está dirixido aos profesionais do IGC e das OMICs e ás asociacións de consumidores, que contarán con accións formativas e informativas en diferentes localidades de Galicia
  •  A Consellería de Economía e Industria puxo hoxe en marcha unha nova iniciativa para avanzar no camiño da formación e a información do consumidor: o programa Belenus, que ten o obxectivo de achegar á cidadanía información sobre o cambio nas tarifas eléctricas, con especial atención á Tarifa de Último Recurso, á Tarifa Social e ás tarifas de discriminación horaria. Así o explicou hoxe a directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, ante o persoal de propio instituto, asociacións de consumidores e concellos de toda Galicia no acto de presentación desta acción estratéxico da Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra. Leer Más…

21 de Marzo, Día Internacional para la Eliminación de la Discriminación Racial

El 21 de marzo es una fecha importante para poder trabajar en las escuelas las propuestas para combatir el racismo y la xenofobia.

¿Porqué celebrar el 21 de marzo?

La Organización de las Naciones Unidas, con el objetivo de renovar su compromiso de trabajar contra el racismo, celebra cada 21 de marzo el Día Internacional de la Eliminación de la Discriminación Racial. El motivo de esta fecha es que ese día en el año 1960, la policía disparó contra una manifestación pacífica que se realizaba en Sharpeville, Sudáfrica para protestar contra las leyes de pases del apartheid. La ONU a través de este día quiere recordarnos su propósito de combatir y erradicar el racismo, la discriminación racial, la xenofobia y todas las formas relacionadas de intolerancia que se llevan a cabo en diferentes partes del mundo. Por otra parte, las Naciones Unidas y la comunidad internacional han creado instrumentos de orden internacional para ayudar a la eliminación del racismo como la Convención Internacional sobre la Eliminación de todas las Formas de Discriminación Racial. Asimismo, por parte de los Estados y de manera individual se han creado normas constitucionales y legales tendientes a eliminar el racismo en sus respectivos países. Lamentablemente, el mundo no ha tomado plena conciencia de lo ocurrido hasta ahora y aún hay personas que creen en la existencia de una raza superior. Si bien hace poco se consiguió eliminar el apartheid que gobernaba Sudáfrica, hoy en día aún se dan formas de racismo y discriminación racial en muchas partes del mundo. Leer Más…

INTERNACIONALIZACIÓN RÍAS BAIXAS

  • A cooperación institucional co Igape ten ofrecido importantes resultados para incrementar a penetración destes viños galegos no mercado americano, que recibiu 1,7 millóns de litros na última campaña
  • O programa de promoción dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas en Estados Unidos chegará aos 2,1 millóns de dólares USA
  • Javier Guerra destacou que os investimentos da Xunta para impulsar a internacionalización das empresas galegas suman xa 48,5 millóns, na lexislatura
  • O presidente do Igape, Joaquín Varela de Limia, amosouse satisfeito da acollida das empresas galegas ao programa a prol da internacionalización no que se aprobaron 1.043 solicitudes en 2010
  •  A Consellería de Economía e Industria financiará o 55% da compaña de internacionalización dos viños da denominación de orixe Rías Baixas en Estados Unidos, no marco dun acordo de cooperación co Instituto Galego de Promoción Económica que presentou hoxe en Pontevedra o conselleiro Javier Guerra. Leer Más…

PLAY-DOC PONE EN MARCHA NOVEDOSOS TALLERES DE FORMACIÓN PARA CINEASTAS / PLAY-DOC PON EN MARCHA NOVIDOSOS OBRADOIROS DE FORMACIÓN PARA CINEASTAS

  • Na súa sétima edición o festival pon en marcha a terceira entrea de ‘O retrato filmado’, un orixinal formato de obradoiro que reflexiona sobre a ollada cinematográfica
  • Co ‘Docs in Progress’ Play-Doc dá un paso decisivo no seu compromiso co apoio aos novos talentos apostando claramente por unha nova liña de formación e produción orientada ao desenvolvemento de proxectos Leer Más…

Novacaixagalicia é a entidade financeira con maior implantación na súa comunidade

 A caixa de aforros conta cunha cota de mercado do 42,2% en Galicia
 A entidade galega dispón do 35% da rede financeira do seu territorio de orixe
 
. Novacaixagalicia é a entidade financeira española que conta cun maior liderado na súa comunidade autónoma de orixe, que neste caso é Galicia. Conta coa rede de oficinas máis mesta, o 35% das sucursais da comunidade autónoma, e cunha cota de mercado que supera o 42% do total, o que a converte en líder indiscutible no mercado financeiro galego, tanto pola confianza que depositan nela os seus clientes coma en concesión de crédito.

REPRESENTANTES DE MEDIO RURAL E CEMMA PROCEDEN Á SOLTA DA FOCA PAMPILLOSA PARA A SÚA LIBERACIÓN EN AUGAS DO ATLÁNTICO

  • O animal foi recollido pola empresa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños o pasado 12 de xaneiro na praia de Pampillosa, no concello lugués de Foz
  • A foca foi embarcada hoxe no barco “Susa Un” e será liberada mañá ao sur de Irlanda    Membros da Consellería do Medio Rural e da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) procederon hoxe, no Peirao de Reparacións do Porto de Marín (Pontevedra), á embarcación da foca Pampillosa para a súa posterior solta ao sur de Irlanda. Leer Más…

Novas Xeracións organiza o primeiro Obradoiro de emprendemento e búsqueda de emprego en Sanxenxo.

  • Obradoiros coma este favorecen á formación de futuros profesionais.
  • Dorado destacou o papel de NN.XX “empeñada en axudar aos mozos a saír da crise”.

 Novas Xeracións de Galicia  celebrou o primeiro obradoiro de emprendemento e búsqueda de emprego que tivo lugar na Sala Nauta do Porto Deportivo de Sanxenxo ao que asistiron arredor de sesenta mozos de diversos lugares da comarca. Para a apertura deste acto estivo presente a candidata á Alcaldía de Sanxenxo, Catalina González Bea e Diego Gago, presidente de NNXX de Pontevedra. Este obradoiro tiña como fin principal  formar aos mozos nunhas pautas xerais de emprendemento e tomar conciencia de que o emprendedurismo é outra vía para enfrentarse ó mercado laboral. A programación da mañá dividiuse en dous bloques. A primeira ponencia foi da man de Maite Cancelo, directora do Bic Galicia; a cal deu unhas indicacións acerca do currículo vitae e das entrevistas de traballo, pero sobretodo na importancia de desenrolar un proxecto de éxito e de que maneira pode resultar viable. Leer Más…

RAFAEL LOUZÁN INAUGURA AS RÚAS ROSALÍA DE CASTRO E ILLAS ALVEDOSAS NO CONCELLO DE SOUTOMAIOR NAS QUE A DEPUTACIÓN INVESTIU MÁIS DE 500.000 EUROS

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, acompañado polo conselleiro de Industria, Javier Guerra, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera Ocampo, e o alcalde de Pontecaldelas, Perfecto Rodríguez, asistiu á inauguración das rúas Rosalía de Castro e Illas Alvedosas no concello de Soutomaior. As obras de humanización de ambas as dúas rúas coa fin de darlle un perfil máis comercial fixéronse con cargo a un convenio asinado pola Deputación e o Concello  de Soutomaior por un valor de 500.000 euros no caso de Rosalía de Castro, e mediante outro acordo entre o concello e a Consellería de Industria de 164.000 euros en Illas Alvedosas. “Soutomaior é un concello de gran atractivo turístico que precisaba unha mellora nas súas infraestruturas comerciais. A actuación levada a cabo en Rosalía de Castro e en Illas Alvedosas é unha contribución a mellorar os espazos de convivencia e que facilitarán as compras aos veciños e visitantes”, explicou Rafael Louzán. Leer Más…

O CONSELLO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA APROBA CON TODOS OS VOTOS A FAVOR O ANTEPROXECTO DE LEI DO VOLUNTARIADO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe a sexta xuntanza deste organismo
  • Neste Consello, están representadas as entidades galegas de acción voluntaria, entidades locais, o Consello Galego da Xuventude, organizacións sindicais e a Confederación de empresarios de Galicia
  • A consulta de hoxe ten consideración de ditame, segundo establece o propio regulamento deste organismo Leer Más…