PLAY-DOC PONE EN MARCHA NOVEDOSOS TALLERES DE FORMACIÓN PARA CINEASTAS / PLAY-DOC PON EN MARCHA NOVIDOSOS OBRADOIROS DE FORMACIÓN PARA CINEASTAS

  • Na súa sétima edición o festival pon en marcha a terceira entrea de ‘O retrato filmado’, un orixinal formato de obradoiro que reflexiona sobre a ollada cinematográfica
  • Co ‘Docs in Progress’ Play-Doc dá un paso decisivo no seu compromiso co apoio aos novos talentos apostando claramente por unha nova liña de formación e produción orientada ao desenvolvemento de proxectos Se en algo destaca o festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui, ademais de contar cun dos públicos máis activos e numerosos do panorama nacional de festivais, é polo seu compromiso e apoio aos novos talentos audiovisuais. A través dos seus dous proxectos máis significativos, ‘O Retrato Filmado’ e ‘Docs in Progress’, Play-Doc desmárcase explorando novas maneiras de formación orientadas ao desenvolvemento de proxectos e centradas nos aspectos máis creativos da produción. Na súa sétima edición, que terá lugar do 30 de marzo ao 3 de abril, Play-Doc porá en marcha a terceira entrega de ‘O Retrato Filmado’. Xa no ano 2009 o festival reuniu a varios cineastas chegados desde diversos lugares de España e Latinoamérica para retratar unha serie de habitantes de Tui. O resultado desa primeira experiencia foi tan sorprendente como revelador, marcando a tendencia pola que ían discorrer a maior parte das actividades formativas do festival. O camiño que se iniciou co retrato-encontro, e que se centraba nesa primeira aproximación do cineasta ao seu personaxe e que seguiu co retrato-memoria, que profundaba no seu pasado, continuará agora co retrato-deriva para seguir construíndo a imaxe dese personaxe retratado a través da súa relación coas persoas que o rodean e que comparten a súa vida. Cineastas e personaxes reencóntranse así ano tras ano, convivindo xuntos e explorando os diversos aspectos que constitúen a mirada cinematográfica, xesto fundacional do cinema documental. O taller que comezará hoxe mesmo prolongarase ata o peche do festival, no que se poderá ver o resultado a través dunha nova película coral e na que estarán presente tanto os realizadores coma os seus personaxes retratados. Así mesmo co seminario ‘Docs in Progress’, que tivo lugar o pasado decembro en Tui, Play-Doc deu un paso decisivo no seu compromiso ao apoio de novos talentos, apostando claramente por novas vías de formación e produción orientadas ao desenvolvemento de proxectos. Con ambas as iniciativas, dirixidas pola produtora e docente catalá Marta Andreu, coordinadora do prestixioso Máster de Creación Documental da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, Play-Doc chama a atención no circuíto internacional de festivais, non só polo orixinal e novo das propostas senón pola alta calidade dos seus resultados, que en breve se darán a coñecer por todo o mundo e que levarán o selo distintivo de Play-Doc Workshops (os obradoiros de Play-Doc). Nun momento no que se poñen en cuestión as vellas fórmulas de produción e difusión audiovisuais, o festival tudense pretende, a través destes talleres, recuperar aqueles aspectos máis creativos, e a fin de contas máis esenciais, da realización cinematográfica.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: