PORTOS DE GALICIA REMODELARÁ O DIQUE FLOTANTE DE ABRIGO DE AGUETE PARA MELLORAR A SÚA FUNCIONALIDADE E ESTABILIDADE ANTE CONDICIÓNS ADVERSAS

O presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana, presentou a proposta, baseada nos estudos técnicos de enxeñeiros da Universidade da Coruña.-

  • O organismo autonómico investirá preto de 800.000 euros na mellora da zona portuaria, coa construción, tamén, dun edificio de servizos para usuarios
  • Portos de Galicia reforzará o abrigo do porto de Aguete, no concello pontevedrés de Marín, a través da reconstrución, reordenación e ampliación do dique flotante existente. Esta actuación permitirá mellorar a funcionalidade do dique, especialmente ante condicións climatolóxicas adversas, nunhas instalacións portuarias moi azotadas polos ventos do nordés. A proposta de reforzo do abrigo foi presentada esta mañá polo presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana. O titular de Portos de Galicia explicou que o proxecto de reforma do dique está baseado en estudos técnicos en profundidade elaborados por equipos de enxeñeiros da Universidade da Coruña. De eles derívase unha nova configuración do dique que permitirá reforzar a súa funcionalidade ademais de facelo máis resistente ante os temporais de mar de fondo. Portos de Galicia investirá nesta actuación arredor de 550.000 euros e o prazo de execución da mesma será duns catro meses, unha vez rematado o prazo de contratación, que podería extenderse ata finais deste ano. Polo tanto as previsións apuntan a que a obra podería estar rematada a principios do segundo trimestre de 2012
    O programa de inversións no porto de Aguete completarase con outras dúas actuacións, presentadas, tamén, por Álvarez-Campana. Así, o ente público construirá un edificio de servizos para usuarios, orzamentado en 180.000 euros. Estará situado en torno á metade do dique e contará con catro departamentos e zonas de aseos. Finalmente, Portos de Galicia pretende ter operativa para este verán unha instalación de servizos para o clube náutico de Aguete. Esta última actuación requerirá dunha inversión de 50.000 euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: