RAFAEL LOUZÁN INAUGURA AS RÚAS ROSALÍA DE CASTRO E ILLAS ALVEDOSAS NO CONCELLO DE SOUTOMAIOR NAS QUE A DEPUTACIÓN INVESTIU MÁIS DE 500.000 EUROS

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, acompañado polo conselleiro de Industria, Javier Guerra, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera Ocampo, e o alcalde de Pontecaldelas, Perfecto Rodríguez, asistiu á inauguración das rúas Rosalía de Castro e Illas Alvedosas no concello de Soutomaior. As obras de humanización de ambas as dúas rúas coa fin de darlle un perfil máis comercial fixéronse con cargo a un convenio asinado pola Deputación e o Concello  de Soutomaior por un valor de 500.000 euros no caso de Rosalía de Castro, e mediante outro acordo entre o concello e a Consellería de Industria de 164.000 euros en Illas Alvedosas. “Soutomaior é un concello de gran atractivo turístico que precisaba unha mellora nas súas infraestruturas comerciais. A actuación levada a cabo en Rosalía de Castro e en Illas Alvedosas é unha contribución a mellorar os espazos de convivencia e que facilitarán as compras aos veciños e visitantes”, explicou Rafael Louzán. O presidente da Deputación felicitou ao alcalde da vila, Agustín Reguera, “pola súa planificación da vila, as melloras levadas a cabo nos últimos anos e por ter acadado financiamento de varias administracións. Nos tempos actuais é fundamental traballar de forma coordinada entre todas as administracións para optimizar os recursos públicos do mellor xeito posible e poder asumir determinados investimentos que melloren a vida dos cidadáns, como é o caso”. Tanto en Rosalía de Castro como en Illas Alvedosas fixéronse instalacións baixo a rúa colocando tubarias para pluviais, fecais, de gas e alueado.  Na superficie colocáronse máis de 2.100m2 de pavimento de pedra sobre as beirarrúas ampliadas e asfaltáronse 5.000 m2 de estrada. Ademais, instaláronse novas papeleiras, farolas e bancos e prantáronse árbores. Rafael Louzán lembrou que Soutomaior é un concello especialmente vencellado á Deputación, xa que alí atópase o Castelo que é propiedade do organismo provincial. “Nos últimos anos o alcalde dinamizou a vila turísticamente co apoio da Deputación. Estamos firmemente comprometidos coa dotación de servizos no rural en igual condicións que nos termos urbáns”, explicou o presidente provincial. Depósito de auga Na súa visita a Soutomaior, Rafael Louzán quixo tamén visitar o depósito de augas de Moreira, realizado con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación (PID). A comunidade de Moreira contaba cunha rede de abastecemento de augas de hai máis de 30 anos cun depósito de formigón armado de 250.000 litros de capacidade.  O incremento de poboación dos últimos anos facía imposible un correcto abastecemento coa infraestrutura existente. A Deputación sufragou un novo depósito que ten capacidade para 48 m3 de auga (para 50 habitantes). “As obras de construción deste depósito posibilitan que todos os veciños teñan acceso en igualdade de condicións ao servizo básico de augas. Esta é precisamente unha das funcións que teñen as Deputación, de corrixir os posibles déficits de servizos que se presentan nalgúns concellos e parroquias”, explicou Rafael Louzán. A Deputación de Pontevedra está investindo con cargo ao PID máis de 767.000 euros en Soutomaior , para mellorar as dotacións da vila como a realización de zonas de lecer, reformas en centros sociais e culturais e renovación de firmes municipais. Ademais, a rede Wimax do proxecto Repoblar permite que os habitantes de Soutomaior teñan acceso a internet incluso nas áreas onde hai ausencia de cobertura mobil.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: