REPRESENTANTES DE MEDIO RURAL E CEMMA PROCEDEN Á SOLTA DA FOCA PAMPILLOSA PARA A SÚA LIBERACIÓN EN AUGAS DO ATLÁNTICO

  • O animal foi recollido pola empresa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños o pasado 12 de xaneiro na praia de Pampillosa, no concello lugués de Foz
  • A foca foi embarcada hoxe no barco “Susa Un” e será liberada mañá ao sur de Irlanda    Membros da Consellería do Medio Rural e da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) procederon hoxe, no Peirao de Reparacións do Porto de Marín (Pontevedra), á embarcación da foca Pampillosa para a súa posterior solta ao sur de Irlanda.
    A foca, de nome Pampillosa, foi embarcada no navío “Susa Un” co fin de ser liberada mañá preto do seus caladoiros de pesca no Grand Soleil, xa que se atopa en bo estado de saúde e ten acadado os trinta quilos de peso recomendables para a súa volta ao medio natural. O departamento que dirixe Samuel Juárez gábase dos progresos do animal e do traballo conxunto con Cemma e co Acuario do Grove que, unha vez máis, unen esforzos a prol do benestar animal e da súa conservación e protección.

Dous meses de recuperación

O animal foi atopado o pasado 12 de xaneiro na praia de Pampillosa, no concello lugués de Foz. Este pequeno exemplar de lobo mariño cincento, ou foca gris (Halichoerus grypus) foi atendido pola Garda Civil a esperas da chegada da Unidades Móbil da Cemma, quen trasladaría ao animal á Unidade de Coidados Intensivos de Lobos Mariños, situada nas dependencias da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol (A Coruña). Unha vez alí comprobouse que era unha femia de 90 cm e 12 quilos -sendo un dos exemplares de menor tamaño tratados nese centro- que presentaba signos de esgotamento, desnutrición e deshidratación. O animal recibiu o nome de Pampillosa, en honor á praia onde apareceu, e pasou a primeira fase de recuperación neste centro de Ferrol.  Posteriormente foi trasladada ao Acuario do Grove onde dispuxo dunha piscina especialmente preparada para a súa recuperación onde puido exercitar a súa musculatura e gañar peso.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: