“Saímos do proxecto para iniciar a construción, sen marcha atrás, do hospital público máis grande que se vai iniciar no ano 2011 en España e un dos hospitais públicos máis importantes de Europa”, remarca

  • Destaca que os 600.000 usuarios de Vigo e a súa área de influencia van ter unha asistencia sanitaria “excelente, nun hospital excelente”, tanto desde o punto de vista construtivo, como das urxencias, do bloque cirúrxico ou da alta tecnoloxía
  • Lembra que só a construción do hospital creará 1.500 postos de traballo e que posteriormente preto de 5.000 persoas prestarán os seus servizos nesta infraestrutura
  • Salienta a aposta pola eficiencia enerxética e afirma que o de Vigo será probablemente o único hospital público en España que teña a máxima catalogación de eficacia enerxética  
  • “Hoxe comeza unha realidade que non ten marcha atrás. De momento estabamos con proxectos, agora comeza a realidade: esa realidade son 31 meses de construción”, afirmou o presidente da Xunta avanzando que o novo hospital público de Vigo estará rematado a finais do ano 2013. Na súa intervención na visita aos terreos desta nova infraestrutura hospitalaria, Alberto Núñez Feijóo asegurou que “a realidade hoxe comeza coa construción dun investimento que vai supoñer, só na construción do hospital, 1.500 postos de traballo, e un investimento que vai supoñer posteriormente que preto de 5.000 persoas estean traballando nesta infraestrutura hospitalaria pública para Vigo e a súa área de influencia, é dicir, para 600.000 galegos e e galegas”. “Hoxe pasamos polo tanto dos proxectos ás obras, de anos de falar do hospital á construción do mesmo”, aseverou Feijóo amosándose confiado en que no ano 2013 “todos poidamos estar aquí para desfrutar dun hospital arquitectonicamente ben concibido e un hospital ademais que aposta pola eficacia enerxética e que será, probablemente, o único en España que teña unha catalogación de eficiencia enerxética ao nivel que pretende, que é a máxima catalogación”. “Hoxe comeza a construírse unha gran propiedade de toda Galicia, e moi especialmente dos 600.000 galegos e galegas que van ter unha asistencia sanitaria excelente nun hospital excelente, desde o punto de vista construtivo, desde o punto de vista hoteleiro, desde o punto de vista das urxencias, desde o punto de vista do bloque cirúrxico e da alta tecnoloxía”, incidiu o presidente galego salientando que este será probablemente “o hospital público máis grande que se vai iniciar no ano 2011 en España e un dos hospitais públicos máis importantes de Europa”. Importante traballo para desbloquear a nova infraestrutura  .-O titular da Xunta quixo agradecer aos gobernos que traballaron no proxecto deste hospital de Vigo que hoxe, dixo, nos permite “a pesar da crise económica, facer o hospital máis grande de Galicia e facelo ademais sabendo cando vai rematar, e sabendo cando os 600.000 usuarios deste hospital, van poder utilizalo”. Así mesmo, Feijóo agradeceu a todas aquelas persoas que traballaron para desbloquear a situación que nos atopamos en abril de 2009. Así, referiuse explicitamente á Consellería de Sanidade, ao Sergas e á Delegación da Xunta en Vigo por “lograr pasar dun proxecto ás obras; por desbloquear toda a expropiación dos terreos -200.000 metros cadrados-; por aprobar definitivamente o Plan Funcional; por licitar este hospital conforme ao previsto; por empezar xa os estudos xeotécnicos da obra en maio de 2010; e por, agora en marzo, iniciar estas obras que xa non teñan marcha atrás e que van cambiar definitivamente, para os próximos 50 anos, a atención sanitaria especializada en Vigo”, concluíu.  

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: