Archive | marzo 22, 2011

Nouvelle Vague nueva música a bordo de Vueling

 particularidad de incluir ritmos y arreglos de Bossa nova en

 

clave suave, jazzera y brasilera. Además, sus canciones están interpretadas por diversos artistas de reconocimiento internacional como Vanessa Paradis.  Vueling ofrece una selección de las mejores canciones para amenizar el viaje a sus pasajeros.  Dance with me (Melanie Pain) Dancing with myself (Phoebe Killdeer) Just can’t get enough (feat. Eloisia) Weekend a Rome (Vanessa Paradis) Puedes escuchar la lista completa de las canciones a bordo aquí:

  Discografía Nouvelle Vague (http://www.nouvellesvagues.com) 

 

 

 

 

  

 

 

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 22-03-11- Galicia


Caballero inaugura as humanizacións de Toural e Robleda nas que se investiron 800.000 euros

O alcalde asistiu hoxe martes á inauguración destas rúas de Teis onde anunciou que o Concello está a estudar a posibilidade de que ambas pasen a ser peonís. Abel Caballero lembrou tamén que, grazas ao Plan Urban, Teis recibiu 5 millóns de euros en investimentos xestionados polo Concello que serviron para transformar o barrio.

 


Vigo súmase ao Sistema de Seguemento Integral dos casos de violencia de xénero do Ministerio do Interior

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Secretario de Estado de Seguridade, Antonio Camacho, rubricaron este martes no Concello o convenio que incorpora á Policía Local ao Sistema estatal de Seguemento Integral dos casos de violencia de xénero, para intercambiar información, sumar esforzos e traballar conxuntamente na «prevención» desta «lacra».

 


Santi Domínguez anuncia que a Pinacoteca incorpórase á celebración da Reconquista con xornadas de portas abertas

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes a programación da Festa da Reconquista 2011, que se celebrará o vindeiro fin de semana, 26 e 27 de marzo. O nacionalista destacou que nesta convocatoria, como continuación á Reconquista do Casco Vello emprendida hai tres anos, a nova Pinacoteca súmase á celebración, xa que as persoas que se acheguen ao barrio histórico de Vigo poderán gozar coas xornadas de portas abertas e visitar a «obra cultural máis importante que se ten feito nos últimos anos na cidade».

 


Caballero anuncia a «renovación da flota de vehículos da Policía Local» con novos coches e motos

A Xunta de Goberno Local adxudicou este martes definitivamente o contrato polo sistema renting para dotar á Policía Local de Vigo de 18 novos vehículos -14 turismos, dous furgóns e dous todo terreo-. Xunto a estes, o alcalde avanzou que mañá mércores chegarán as novas motocicletas, co que está «en marcha a nosa ambición de Vigo siga a ser unha cidade segura». Caballero recordou que, no actual mandato, o número de efectivos policiais incrementouse en 75.

 


O alcalde participou no Memorial Vigueses Distinguidos, que recoñeceu á figura de Francisco Fernández del Riego

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a xunta directiva da Fundación Vigueses Distinguidos acordaran semanas atrás celebrar este ano un acto en memoria daqueles falecidos, acto que este ano recordou e homenaxeou á figura do ilustrado Francisco Fernández del Riego. O obxectivo desta iniciativa é celebrarse anualmente, sendo a deste martes a primeira edición deste Memorial.

 


O tenente de alcalde afirma que a reforma do mercado de O Progreso amosa a aposta polo pequeno e mediano comercio

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou hoxe o mercado de O Progreso para asistir ao inicio das obras de remodelación, que contan cun investimento de 4,5 millóns de euros financiados case integramente polo Concello de Vigo. O nacionalista asegurou que esta reforma, ao igual que a que se levará a cabo proximamente no mercado do Berbés, amosa a aposta da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio polo pequeno e mediano comercio da cidade. «É de obrigado cumprimento que os cartos públicos se destinen a crear riqueza na cidade», afirmou.

 


O Concello e aqualia animan aos nenos a fomentar o consumo responsable da auga

Con motivo do Día Mundial da Auga, aqualia comparte cos máis pequenos a importancia de contribuír no aforro de auga adecuando os seus hábitos. No concurso participaron un total de 23 colexios de Vigo que presentaron máis de 800 debuxos. Un dos oito nenos premiados na nosa cidade resultou ser un dos dez gañadores individuais do concurso a nivel nacional

 


Tenencia e Benestar entregan a recadación de Vigolandia as asociacións Afán, Vida Digna, Remar e Casa da Caridade

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, entregaron este xoves os 20.000 euros recadados en Vigolandia a catro asociacións da cidade como son Afán, Vida Digna, Remar e a Casa da Caridade. Santi Domínguez afirmou que esta achega quere contribuír a paliar as consecuencias da crise nas persoas «con verdadeiras necesidades», para o cal asegurou que «non fixo falta máis que un minuto» para que Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social o decidiran.

 


Campaña de Animación á lectura

O Servizo de Educación do Concello de Vigo pon en marcha dende o día 24 de marzo ata o 29 de abril a campaña Contarte 2011 coa que se pretende achegar aos nenos e nenas ao mundo da arte dun xeito lúdico e diferente a través do álbum ilustrado e incidir así no fomento do hábito lector entre os máis cativos.A conferencia inaugural «Qontextos: a realidade do álbum ilustrado» da man do ilustrador Chené Gómez e de Eva Mejuto de OQO Editora, será o mércores 23 de marzo ás 19:30 horas no IME.

 

Pechadas ao tráfico as rúas GONDERAN, BAIXADA DA FONTE e CURRAS

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado, a realizar pola empresa COVSA, estarán pechadas ao tráfico as rúas GONDERAN, BAIXADA DA FONTE e CURRAS, treito entre San Xoan e Aragón, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 23 de marzo de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.

Francés reúne en Novacaixagalicia unha selección das súas últimas esculturas

Francés
Sala III do Centro Social Novacaixagalicia en Vigo
Policarpo Sanz 26, entresollado
Do 23 de marzo ao 24 de abril
De luns a venres, de 18.00 a 21.00 horas
Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas 

Subvención Fundación Óscar Pereiro

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o deputado delegado de Deportes, Enrique Sotelo, fixéronlle entrega da subvención anual de 30.000 euros correspondentes ao pasado exercicio á Fundación Óscar Pereiro. Trátase xa da institución que máis rapaces ten nas súas escolas deportivas de toda Galicia, ademais de asinar un convenio recentemente co Club Ciclista Supermercados Froiz para que os nenos e nenas que están nas categorías inferiores de ciclismo federado poidan pasar a militar logo na etapa senior no Club Ciclista Froiz. Leer más…

O SXG apoia a defensa dos postos dos traballadores de Televigo

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) mostra o seu apoio ás mobilizacións dos traballadores de Televigo na defensa dos seus postos de trabalos. Os 50 operarios, aproximadamente, desta empresa poden ir a rúa como consecuencia do expediente de peche aberto pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia. O Sindicato non entra a valorar se Televigo pode seguir emitindo malia carecer dunha licencia de TDT. Debe ser o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia quen no menor tempo posíbel determine quen ten razón, se o propietario de Televigo ou a Administración Autonómica. En todo caso, o SXG recórdalle unha vez máis á Xunta que todas as concesionarias de Televisión Dixital Terrestre local e autonómica están violando sen pudor as súas concesións, especialmente as emisoras locais. Calquera que prenda o televisor pode comprobar que a inmensa maioría das licenzas está sen explotar máis dun ano despois do apagamento analóxico. Leer más…

O ISSGA E A CÁMARA MINEIRA COLABORARÁN NA PROMOCIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL NESTE SECTOR

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Adela Quinzá-Torroja, e o presidente da Cámara Mineira, Francisco Aréchaga, rubricaron hoxe un convenio de colaboración neste sentido  
  • Ambos organismos traballarán conxuntamente na creación de ferramentas de xestión, así como na análise de información e no establecemento de índices para elaborar estatísticas representativas
  • Sensibilizaranse ás distintas administracións e empresas sobre as prácticas preventivas axeitadas Leer más…

Entrega premios aqualia -Vigo

Entrega de premios del concurso internacional de dibujos de aqualia que tuvo lugar esta mañana en el Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) y a la que asistieron más de 180 niños de 7 centros escolares de Vigo.
En la imagen, Isaura Abelairas, concejala de Vías y Obras, y José María Ardoy, Director de aqualia Vigo, con los niños ganadores.rnacional de Debuxo de aqualia que leva por lema «A auga, o luxo máis transparente. Dálle cor!». Finalizará o 29 de abril de 2011 e o tema dos debuxos son as ideas dos nenos para coidar e coñecer ben a auga. A organización do certame remitirá aos centros educativos o material necesario para participar. Os debuxos deberán presentarse no papel oficial subministrado por aqualia e todos os traballos terán que incluír, dalgunha forma, as «aliñas» que forman parte do logotipo da compañía. aqualia e os nenos Ademais do xa tradicional concurso de debuxo infantil, aqualia mostrou en repetidas ocasións a súa implicación cos máis pequenos a través de diferentes actividades para a concienciación do consumo responsable da auga. En 2009, puxo en marcha a campaña «Todos somos auga» na que os escolares se pesaban e doaban simbolicamente o seu peso en auga. aqualia forma tamén parte do programa de visitas escolares «Vigo por dentro» promovido polo Concello de Vigo. Durante o pasado ano, esta iniciativa levou a uns 1.000 escolares ás instalacións da compañía onde coñeceron de primeira man o funcionamento do ciclo integral da auga.
 

AS OBRAS DE MELLORA DO ACCESO A BAIONA DENDE A AUTOESTRADA DO VALMIÑOR E ESTARÁN REMATADAS ANTES DESTE VERÁN

  • O obxectivo principal desta obra é reordenar o tráfico continuo procedente da autoestrada AG-57 e os tráficos dos viais municipais
  • Na súa visita a Baiona, o conselleiro de Medio Ambiente lembrou que o departamento que dirixe tamén financia as obras da travesía interior en Sabarís, nas que a Xunta está a investir 1,2 millóns de euros
  • O acondicionamento desta zona beneficia máis de 12.000 habitantes do concello de Baiona e forma parte do Plan HURBE, destinado á recuperación  e humanización dos espazos urbanos
  • Hernández subliña que as obras de mellora do encoro de Baiona, cuxo importe de adxudicación se elevou a case 1,4 millóns de euros, estarán operativas este mesmo verán

MÁIS DE 150 PERSOAS PARTICIPAN HOXE EN VIGO NAS XORNADAS PARA MELLORAR O COÑECEMENTO DA PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, inaugurou esta mañá as xornadas, organizadas pola Axencia da Protección da Legalidade Urbanística (APLU) en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
  • No acto de inauguración en Vigo tamén estiveron presentes a secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas; o director da EGAP, Pablo Figueroa; e a directora da APLU; María Martínez Allegue.
  • Este curso xa se celebrou nas cidades de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, para recalar hoxe en Vigo e rematar o vindeiro 29 de marzo, en Ferrol.  A Delegación Territorial da Xunta en Vigo albergou esta mañá as xornadas sobre A Protección da Legalidade Urbanística, organizadas pola Axencia da Protección da Legalidade Urbanística (APLU) en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Máis de 150 persoas, case todas profesionais do sector, técnicos e persoal funcionario dos entes locais que desenvolven funcións relacionadas co urbanismo ou inspectores e subinspectores da Xunta, participaron hoxe nas xornadas, que inaugurou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares. Acompañada da secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, que foi a encargada de ofrecer a primeira ponencia; do director da Escola Galega de Administración Pública, Pablo Figueroa; e a directora da APLU, María Martínez Allegue; a responsable do Goberno galego na cidade olívica deu a benvida a todos os participantes ademais de destacar o obxectivo destas xornadas, que non é outro que o de mellorar o coñecemento da APLU (obxectivos, prioridades e actividades realizadas) así como dar a coñecer as novidades e modificacións producidas pola Lei 2/2010, de 25 de marzo, de medidas urxentes e modificación na Lei 9/2002, de 30 de Decembro. Leer más…

O BNG denuncia o estado do saneamento no Feital en Salcidos

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa ante o desbordamento que sofren as arquetas na pista que vai ao camping, asolagando o firme e botando verquidos directamente ao medio e, apenas, a uns metros de captacións de auga para consumo.
O concelleiro nacionalista, Xan Lois Lomba, acompañado por veciños e outros membros do BNG puideron ver o estado da pista que vai o camping, especialmente a zona do Feital.
“Puidemos comprobar como manaba auga das arquetas en grandes cantidades con restos orgánicos, papeis, excrementos, plásticos, etc …, que provocaba un cheiro nauseabundo. A situación era tal que a pista e as fincas estaban totalmente inundadas deixando todos os restos esparexidos pola calzada, chegando a deixar o firme impracticábel” comentou Xan Lois.
Para o BNG é preocupante que esta situación se estea a dar dentro da zona Rede natura 2000 e a escasos metros de captacións de auga para consumo. Asemade, puidemos comprobar a falta de medidas de seguridade que existen nas instalacións onde se aloxan as bombas de captación e cunha facilidade de acceso pode poñer en perigo a calquera persoa.