MÁIS DE 150 PERSOAS PARTICIPAN HOXE EN VIGO NAS XORNADAS PARA MELLORAR O COÑECEMENTO DA PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, inaugurou esta mañá as xornadas, organizadas pola Axencia da Protección da Legalidade Urbanística (APLU) en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
  • No acto de inauguración en Vigo tamén estiveron presentes a secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas; o director da EGAP, Pablo Figueroa; e a directora da APLU; María Martínez Allegue.
  • Este curso xa se celebrou nas cidades de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, para recalar hoxe en Vigo e rematar o vindeiro 29 de marzo, en Ferrol.  A Delegación Territorial da Xunta en Vigo albergou esta mañá as xornadas sobre A Protección da Legalidade Urbanística, organizadas pola Axencia da Protección da Legalidade Urbanística (APLU) en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Máis de 150 persoas, case todas profesionais do sector, técnicos e persoal funcionario dos entes locais que desenvolven funcións relacionadas co urbanismo ou inspectores e subinspectores da Xunta, participaron hoxe nas xornadas, que inaugurou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares. Acompañada da secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, que foi a encargada de ofrecer a primeira ponencia; do director da Escola Galega de Administración Pública, Pablo Figueroa; e a directora da APLU, María Martínez Allegue; a responsable do Goberno galego na cidade olívica deu a benvida a todos os participantes ademais de destacar o obxectivo destas xornadas, que non é outro que o de mellorar o coñecemento da APLU (obxectivos, prioridades e actividades realizadas) así como dar a coñecer as novidades e modificacións producidas pola Lei 2/2010, de 25 de marzo, de medidas urxentes e modificación na Lei 9/2002, de 30 de Decembro. “Os contidos que se van a tratar teñen repercusión tanto na protección do territorio coma na defensa do medio natural e a mellora da cohesión social e, en definitiva, na calidade de vida dos cidadáns”, sinalou. Ademais, tamén profundizaron na súa incidencia no eido competencial dos concellos e da Axencia, con especial referencia aos cambios producidos no solo rústico, no solo de núcleo rural e a súa incidencia na reposición da legalidade urbanística. Molares resaltou así á necesidade e conveniencia de divulgar as novidades e modificacións normativas introducidas no eido da ordenación urbanística e do territorio e, neste senso, destacou o Plan de Ordenación do Litoral e as Directrices de Ordenación do Territorio, aprobadas recentemente polo Goberno galego e que supoñen o primeiro instrumento de ordenación territorial no que se establecen regras para a implantación dos usos e actividades en coherencia coas necesidades económicas, culturais e ambientais. Desta maneira, e tendo en conta o contexto normativo que se vai a tratar, Molares fixo especial mención á creación da Area Metropolitana de Vigo, ente supramunicipal que terá un deseño competencial reforzado e que incorporará competencias en materia de ordenación urbanística..-Por último, referiuse á actividade da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, “imprescindible” para “garantir o respecto da legalidade e velar pola utilización racional do solo e mellorar a calidade da ordenación urbanística”, dixo.  .-O 29 de marzo rematan en Ferrol.-As xornadas, que comezaron a principios de febreiro en Santiago, xa se celebraron en A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra para recalar hoxe mesmo en Vigo, e rematar o vindeiro día 29 de marzo na cidade de Ferrol. Os destinatarios fundamentais destes cursos son alcaldes e concelleiros, secretarios municipais, persoal funcionario de entes locais que desenvolvan funcións relacionadas co urbanismo ou inspectores e subinspectores da Xunta e interesados en xeral. Os temas a tratar son, entre outros, o mecanismo de control, inspección e vixilancia, a reposición da legalidade urbanística en obras sen licenza, o procedemento sancionador ou os ilícitos penais. Os citados asuntos serán explicados expertos na materia urbanística como o profesor da Universidade da Coruña, Juan Jesús Raposo ou o fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Álvaro García Ortiz. A xornada inclúe ao remate unha mesa redonda na que se tratarán moitos dos temas abordados ao longo do día, fomentando así a participación dos asistentes que poderán realizar as súas achegas ou resolver dúbidas sobre a protección da legalidade urbanística.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: