O ISSGA E A CÁMARA MINEIRA COLABORARÁN NA PROMOCIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL NESTE SECTOR

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Adela Quinzá-Torroja, e o presidente da Cámara Mineira, Francisco Aréchaga, rubricaron hoxe un convenio de colaboración neste sentido  
  • Ambos organismos traballarán conxuntamente na creación de ferramentas de xestión, así como na análise de información e no establecemento de índices para elaborar estatísticas representativas
  • Sensibilizaranse ás distintas administracións e empresas sobre as prácticas preventivas axeitadas

 O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) desenvolverá e promoverá diversas accións e estudos en materia de seguridade e saúde laboral no sector da minaría galega en colaboración coa Cámara Oficial Mineira. A directora do Instituto, Adela Quinzá-Torroja, e o presidente da Cámara, Francisco Aréchaga, asinaron hoxe na Coruña un convenio de colaboración para levar a cabo esta actuación que ten como obxectivo principal velar pola seguridade dos traballadores deste sector e regular a colaboración que existe entre o ISSGA e a Cámara Mineira para intercambiar datos e informes en materia de riscos laborais. Ambos organismos colaborarán na creación de ferramentas de xestión, así como na análise de información e no establecemento de índices e ratios que permitan a elaboración de estatísticas representativas. Ademais, estableceranse protocolos de funcionamento que permitan a análise da evolución destes ratios e a actualización continua dos datos de siniestralidade. Así mesmo, o ISSGA e a Cámara Oficial Mineira deseñarán e desenvolverán accións de información, divulgación e formación en materia preventiva tanto para as distintas administracións como para as empresas do sector ao tempo que elaborarán informes en materia de seguridade e saúde mineira co obxecto de informar e sensibilizar ás distintas administracións e empresas mineiras sobre as prácticas preventivas axeitadas. Por último, favorecerase a difusión e o coñecemento das investigacións realizadas mediante publicacións e outras accións de comunicación. Unha comisión de seguimento velará polo cumprimento deste convenio que entra mañá en vigor e conta cunha duración de catro años. O acordo poderá ser prorrogado por períodos sucesivos de igual duración.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: