O SXG apoia a defensa dos postos dos traballadores de Televigo

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) mostra o seu apoio ás mobilizacións dos traballadores de Televigo na defensa dos seus postos de trabalos. Os 50 operarios, aproximadamente, desta empresa poden ir a rúa como consecuencia do expediente de peche aberto pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia. O Sindicato non entra a valorar se Televigo pode seguir emitindo malia carecer dunha licencia de TDT. Debe ser o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia quen no menor tempo posíbel determine quen ten razón, se o propietario de Televigo ou a Administración Autonómica. En todo caso, o SXG recórdalle unha vez máis á Xunta que todas as concesionarias de Televisión Dixital Terrestre local e autonómica están violando sen pudor as súas concesións, especialmente as emisoras locais. Calquera que prenda o televisor pode comprobar que a inmensa maioría das licenzas está sen explotar máis dun ano despois do apagamento analóxico.
Nestas circunstancias, resulta especialmente absurdo que os 50 traballadores de Televigo poidan ir á rúa supostamente pola falta de licencia cando as empresas que teñen as licencias non moven un dedo para cumprir as súas obrigas legais.
Traballadores sen licencia, licencias sen traballadores Ante este paradoxo, o SXG pide publicamente á Xunta que abra un proceso de diálogo que permita que os asalariados sigan tendo un posto de traballo.
O Goberno sabe que ao recibir a licenza, as 74 emisoras de TDT local e autonómica asumiron o compromiso de contratar 1.675 persoas e investir 143 millóns de euros. O SXG entende perfectamente que tales cifras son difíciles de cumprir en plena recesión e comprende que o Goberno debe conceder máis tempo empresas que xa están emitindo pero que aínda non contrataron tantas persoas ou investiron tantos cartos como se comprometeron nas súas propostas.
U-la produción propia en galego?
O que resulta inadmisíbel e facilmente denunciábel na Xustiza é que haxa máis de 40 licenzas sen ningún tipo de explotación máis dun ano despois do prazo.
O Goberno tampouco pode admitir que se viole publicamente a Lei ao emitir en cadea sen un minuto de produción propia en galego, o que vulnera o publicado no DOG e no BOE. Para actuar con Xustiza, o secretario xeral de Medios Alfonso Cabaleiro debería aplicar o mesmo rigor a estas concesionarias de TDT e a Televigo, e proceder a apertura do expediente para rescatar as concesións das empresas que flagrantemente están violando as bases publicadas no DOG.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: