Subvención Fundación Óscar Pereiro

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o deputado delegado de Deportes, Enrique Sotelo, fixéronlle entrega da subvención anual de 30.000 euros correspondentes ao pasado exercicio á Fundación Óscar Pereiro. Trátase xa da institución que máis rapaces ten nas súas escolas deportivas de toda Galicia, ademais de asinar un convenio recentemente co Club Ciclista Supermercados Froiz para que os nenos e nenas que están nas categorías inferiores de ciclismo federado poidan pasar a militar logo na etapa senior no Club Ciclista Froiz. “Trátase dun convenio de vital importancia para manter vivo o ciclismo en Galicia. Cómpre destacar a intensa labor realizada pola Fundación nos colexios, aprendéndolle aos nenos a andar na bicicleta e fomentándolle o amor por este deporte que tantas alegrías nos ten dado especialmente na provincia”, explicou Rafael Louzán. O programa escolar da Fundación Óscar Pereiro traballou con máis de 6.700 alumnos nun total de 33 colexios de 11 concellos diferentes durante o pasado ano. O programa recolle coñecementos sobre como manexar unha bicicleta, como mellorar a seguridade viaria e como ilusionarse coa práctica do ciclismo. En canto ao proxecto de ciclismo federativo, a Fundación Óscar Pereiro está fomentando unha canteira moi importante de deportistas, tanto en bicicleta de montaña como en ruta. Os nenos das Escolas Federadas da Fundación teñen idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos. A Fundación vén de asinar un convenio co mellor equipo ciclista amateur de España, o Supermercados Froiz, para que eses nenos poidan incorporarse máis adiante ás súas filas. “Trátase dunha medida que permitirá que a canteira de ciclistas galegos siga aumentando ante a escaseza dos últimos anos e que permita dar continuidade a un deporte tan senlleiro e co que estamos tan identificados”, explicou o ciclista Óscar Pereiro. De feito, a Fundación xa asinara con anterioridade outros convenios con clubs importantes da provincia como o Spol do Porriño. A maiores, a Fundación desenvolve proxectos en outras disciplinas deportivas como o fútbol sala, o atletismo ou a organización de campus multideporte. Óscar Pereiro, único galego que gañou o Tour de Francia, quixo agradecerlle o apoio prestado á Deputación na recepción desta subvención. “Sei que son momentos economicamente complicados. Sen a contribución da Fundación, que é o noso principal valedor, toda a labor que levamos desenvolvendo cos rapaces non sería posible. Somos xa a maior canteira de ciclistas de Galicia e aspiramos a seguir potenciando este deporte”, explicou o ex corredor de Mos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: