O goberno do PSOE na Guarda desenténdese da seguridade na canle de navegación do ferri.

O BNG na Guarda solicitou información sobre o deficiente estado do balizamento na canle de navegación do transbordador que comunica Caminha-A Guarda. Asemade preguntou que medidas se ían tomar para solventar o problema. Segundo Xan Lois Lomba: “ Como parte beneficiaria do servizo do transbordador, o Concello da Guarda ten a responsabilidade de velar porque este sexa de calidade. Ao mesmo tempo debe garantir a seguridade dos usuarios e pescadores que faenan no río.”
A resposta do grupo de goberno local é dar traslado ao Concello de Caminha para que sexa este o que tome as medidas oportunas.
Dende o BNG non entenden esta desidia ao respecto da seguridade de navegación no río por parte do goberno guardés.” O precario estado do balizamento provocou a colisión dunha embarcación o pasado mes de decembro. De non mudar esta situación córrese o risco de que se volvan producir novos sinistros”

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: