Archivo | marzo 23, 2011

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN INVESTIU 300.000 EUROS EN OBRAS NO CEIP INFANTE FELIPE DE BORBÓN DE SALVATERRA DO MIÑO

  • O Goberno galego licitou hoxe mesmo a obra de peche do centro educativo por un importe de 40.000 euros.
  • A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ven de licitar hoxe mesmo a obra de peche do CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra do Miño, traballos que xunto ao resto de melloras realizadas nos últimos meses supoñen un investimento de máis de 300.000 euros neste centro educativo.
    Para o departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez, estes traballos de peche do CEIP Infante Felipe de Borbón supoñen a continuación da primeira fase de execución da mellora do pavillón deste colexio. As obras adxudicáronse á empresa da localidade Metal Diéguez por un importe de 40.000 euros. “Trátase dunha solicitude e demanda reiterada por parte da comunidade educativa de Salvaterra do Miño e do propio concello e enmárcase dentro dun marco de colaboración entre Educación, Secretaría Xeral para o Deporte e o concello”, explicou o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares.. Neste mesmo centro, a Consellería de Educación xa executou obras por un importe de 61.000 euros de cara ao recalce da cimentación do pavillón polideportivo, ás que hai que engadir os 200.000 euros que se investiron de xeito urxente de cara a reparar a cuberta danada por un dos temporais no ano 2010. En total, a Administración autonómica investiu en melloras no centro educativo un total de 300.000 euros, o que, en verbas do xefe territorial “ven a demostrar o interese e compromiso da Consellería de Educación en seguir a traballar pola mellora da calidade educativa”.

El Canto de la Cabra presenta Tierra pisada, por donde se anda, camino en Teatro Ensalle

                                                                                                            Trailer del espectáculo en http://www.youtube.com/watch?v=9GD_V4Wxuns
 

También podrás ver un trailer del espectáculo de la semana pasada en http://www.youtube.com/watch?v=fcWKY3jdS5w&feature=related

INICIO OBRAS PAVIMENTACIÓN EN PARROQUIAS DE NIGRÁN

A Deputación Provincial de Pontevedra iniciou hoxe os traballos de acondicionamento e mellora de diferentes viais das parroquias de Nigrán. As obras, que están a ser acometidas pola empresa COVSA, acométense con cargo a unha partida de 553.508 euros do Plan de Investimentos da  Deputación, concretamente, de dúas partidas de 294.557 euros e de 258.951 euros O inicio destas obras  ten lugar concretamente nas parroquias de Priegue e Camos e posteriormente continuarase mellorando a pavimentación de rúas en Panxón e noutras parroquias de Nigrán. Melloraranse arredor de 20 viais, na súa maioría en zonas rurais que se atopan moi deteriorados. Para isto instalarase unha nova pavimentación e capa de aglomerado, e no caso das vías que están en peor estado dotarase tamén dunha nova base de zahorra. No municipio de Nigrán a Deputación está a executar sete obras no período cunha inversión de 1.101.603 euros do Plan de Investimentos.

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 23-03-11 Galicia


Caballero participou na inauguración das 40 naves bioclimáticas da Zona Franca en Porto do Molle

O alcalde de Vigo, xunto co de Nigrán, e a delegada do Consorcio da Zona Franca, entre outras autoridades, inauguraron este mércores as 40 naves para uso industrial, que están á vangarda da arquitectura industrial sostible ao tratarse da primeira construción industrial en España en recibir a certificación medioambiental europea Breeam. O parque empresarial Porto do Molle agarda atraer a unhas 200 compañías e xerar sobre 4.000 postos de traballo.

 


O alcalde entregou diplomas a 32 mulleres vítimas de violencia de xénero, das que 17 xa están traballando

Segundo explicou Abel Caballero, o Concello de Vigo atende a este colectivo mediante formación específica, seguemento e mediación para conseguir a súa inserción no mercado de traballo. Os cursos xiraron en torno á atención cidadá -telefónica, principalmente- e, das 32 persoas formadas, 17 xa teñen traballo, e nos próximos meses se formalizarán os contratos das outras 15 persoas. Caballero afirmou que “as empresas son receptivas porque saben que son persoas cun gran desexo de traballar”.

 


Xesus López anuncia que o Vigo a Escena 2011 programa 70 actuacións de 15 compañías en 23 espazos diferentes

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores a programación do Vigo a Escena 2011, que nesta nova edición inclúe 70 representacións de 15 compañías teatrais, tanto profesionais como afeccionadas. O concelleiro nacionalista destacou que o obxectivo deste programa é “descentralizar a actividade cultural de Vigo”, polo que puxo en valor que as actuacións serán nun total de 23 espazos distintos.

 


O voitre leonado “Vigo” deixa VigoZoo para incoporarse á Fundación da Conservación do Voitre en Mallorca

“Vigo” naceu en cautividade en VigoZoo -dentro do programa municipal de recuperación de especies- onde criouse ata este mércores, cando partiu cara a Mallorca para formar parte da campaña para a recuperación deste animal levado adiante pola Fundación para a Conservación do Voitre. Tras o seu paso polas Illas Baleares, “Vigo” atopará o seu fogar definitivo en Bulgaria, onde convivirá con outros exemplares para preparalos para a liberdade. É a primeira vez que VigoZoo participa con éxito nun proxecto deste tipo con aves rapaces.

 


Cursos da Oficina Municipal de Voluntariado

A Oficina Municipal de Voluntariado ven de publicar as liñas de traballo para os vindeiros meses do ano, centradas nos eidos de formación, defensa da natureza, actividades puntuais, programa de entidades e de acompañamento. Para participar nos programas as persoas interesadas deben estar inscritas na Oficina Municipal de Voluntariado.

JAVIER GUERRA COMPROMETE APOIOS PÚBLICOS POR CASI 11 MILLÓNS DE EUROS PARA FINANCIAR A PLANTA DE FABRICACIÓN DO COCHE ELÉCTRICO XERO EN OURENSE

  • O proxecto promovido pola compañía británica Xero Technology prevé investir 26 millóns de euros e crear ata 1.030 novos empregos en 2015
  • O conselleiro de Economía e Industria salienta  que poderá acadar tan alto nivel de axudas grazas as medidas especiais habilitadas no marco do Impulsa Ourense
  • Javier Guerra lembrou que o seu departamento acaba de presentar o decreto de infraestruturas de carga do vehículo eléctrico, pioneiro en España, que “situará a Galicia á vangarda do desenvolvemento da electromobilidade”
  • Galicia xa ten definida unha rede primaria de infraestruturas de carga para o vehículo eléctrico, que contará con medio milleiro de puntos de abastecemento espallados por toda a xeografía Leer Más…

Geminação cidades de Valença e Tui

O Presidente da Câmara de Valença, Jorge Mendes e o Alcalde de Tui, António Rocha vão assinar um protocolo de geminação em 25 de Março, sexta-feira, na Alfândega Cultural, às 10h00. O acto contará com a presença do Presidente da Junta da Galiza, Alberto Núñez Feijóo e várias entidades portuguesas e espanholas.  O acto decorre no âmbito das comemorações dos 125 anos da Ponte Internacional Valença / Tui e será marcado, ainda, pelo descerramento de uma lápide na ponte.  O estabelecimento de laços de geminação entre as duas cidades, decorre da existência de características semelhantes e de pontos e referências históricas comuns. Uma intenção que procura, ainda, aprofundar e institucionalizar as relações de amizade, solidariedade e intercâmbio, estabelecendo mecanismos protocolares, essencialmente aos níveis económico, social e cultural.  A geminação é mais um passo para o avanço do projecto euro-cidade e para a institucionalização de um trabalho comum que, neste momento, é transversal a várias áreas da actividade municipal e da sociedade, segundo o Presidente da Câmara, Jorge Salgueiro Mendes. Concretizar o projecto de euro-cidade é uma mais valia para Valença e Tui, mas, também, para todo o Noroeste Peninsular e um exemplo de cooperação para a Europa, no âmbito do espírito de cidadania europeia, segundo Jorge Salgueiro Mendes.  Os núcleos urbanos de Valença e Tui são contíguos, separados pelo Rio Minho, mas unidos por duas pontes internacionais. As relações económicas, culturais e desportivas são intensas, com vários equipamentos e serviços de uso comum, como por exemplo a Piscina Municipal de Valença e o Teatro Municipal de Tui.   Entre Valença e Tui são séculos de história que ligam estes dois povos, unidos por anseios e objectivos comuns e por ancestrais laços de amizade e cooperação, que se solidificaram com a inauguração da Ponte Internacional no ano de 1886. Há, também, uma comprovada vontade, de ambas as partes, de colaborar solidariamente para o bem estar dos seus cidadãos e o desenvolvimento das relações mútuas, pelo que a institucionalização das relações bilaterais é um objectivo desejado por todos.

A Deputación de Pontevedra, primeira Administración local galega en obter certificados de calidade para os seus servizos

O responsable de AENOR dí que se sitúa <na vangarda das administracións en calidade de servizos> e destaca a “súa transparencia e compromiso pois non é obligatorio que se sometan a procesos de auditorías senón que é unha decisión voluntaria”  Os servizos de Recursos Humanos e Desenvolvemento Local da Deputación de Pontevedra recibiron dúas certificacións de calidade avaladas pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR). Esta distinción foi presentada hoxe polo presidente, Rafael Louzán, polo director xeral da Administración Local, Norberto Uzal, polo director de AENOR en Galicia, Martín Pita, pola responsable do servizo de Recursos Humanos, María Jesús Torres; e pola adxunta á xefa de servizo, Begoña Estévez. Rafael Louzán puxo de relevo a aposta que se está a facer para que a “Deputación sexa unha administración pública moderna, eficiente e efectiva que responda ás necesidades dos cidadáns”. Leer Más…

PORTOS DE GALICIA PROXECTA A CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO DE SERVIZOS PARA PROFESIONAIS E NÁUTICA RECREATIVA NO PORTO DE ARCADE

A proposta presentada esta mañá polo presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana, compatibiliza solucións para as necesidades da terceira e a sétima lista.-

  • A construción albergará unha nova sede, máis moderna, para a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra

  O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, presentou esta mañá á Corporación e os usuarios do porto de Arcade, no concello pontevedrés de Redondela, a proposta do seu departamento para a construción dun edificio de servizos. Esta dotación dará resposta ás necesidades dos profesionais do porto e dos usuarios das instalacións náutico recreativas. Álvarez-Campana amosou o deseño elaborado polo seu departamento para a construción dun edificio de case 900 metros cadrados de superficie con estancias para uso tanto da terceira, como da sétima lista. O edificio distribúese en dúas plantas e estará ubicado nas proximidades da zona de atraque. O edificio alberga na planta baixa un local para as mariscadoras, cunha zona de almacén; o taller náutico, pañol e vestiarios para o Clube Náutico; e un salón de actos para uso da confraría. En canto a planta alta, nela ubicarase o local social do clube náutico, unha sala de xuntas para a confraría e varios despachos e zonas de uso común. Esta nova construción convertirase tamén na nova sede da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra. Deste xeito, preténdese dotar ao colectivo dunha infraestrutura máis moderna e funcional adaptada ao seu alto nivel de actividade. Segundo explicou o presidente de Portos de Galicia, esta actuación tería un orzamento estimado de arredor dun millón de euros e o inicio das obras prevese para o primeiro trimestre do próximo ano. O prazo de execución do edificio é de 10 meses.

JAVIER GUERRA SALIENTA O COMPROMISO DA XUNTA COA POSTA EN MARCHA DA ITV DO CONCELLO DE ZAS NAS MELLORES CONDICIÓNS

  • O conselleiro de Economía e Industria pediu ao Concello de Zas que atenda as reclamacións dos veciños e remate as obras do polígono municipal, onde ten que ser construída a ITV
  • O director de Industria, Enerxía e Minas, achegouse ao Polígono Municipal para facer unha inspección da parcela da ITV,  e comprobar que atópase nunhas condicións que, polo momento, fan imposible a construción de calquera infraestrutura
  • Guerra apuntou que “a Xunta outorga autorizacións para facer realidades, non para facer política”, de xeito que “cando o Concello de Zas teña rematado as obras do Polígono Municipal, a ITV de Baio será unha realidade
  • O titular de Industria instou ao Concello de Zas a “responder con dilixencia” ás reclamacións dos veciños
  • O conselleiro lembrou que na anterior etapa de goberno concedeuse unha prórroga até o 2023 á empresa privada que presta o servizo de ITV, “renunciando ao exercicio de transparencia que supón facer un concurso público” Leer Más…

HEINEKEN MUSIC SELECTOR PRESENTA: VIVIAN GIRLS en La Fábrica de Chocolate Club

Sábado 2 de abril, Vigo, La Fábrica de Chocolate Club, 22.00 h.
Anticipada: 10 € + gastos – Taquilla: 15 €
Puntos de venta:
www.entradas.heineken.es
www.entradas.com
www.ticketmaster.es