PORTOS DE GALICIA PRESENTA O PROXECTO PARA CONSTRUCCIÓN DA LONXA DE CESANTES

  • A proposta para o rulo redondelán conta cun orzamento estimado de arredor de 630.000 euros    O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, presentou esta tarde o proxecto do seu departamento para a construción da lonxa de Cesantes, no municipio pontevedrés de Redondela. O titular do ente público deu conta da proposta elaborada polos técnicos do organismo autonómico para cumprir co compromiso de maior urxencia recollido no Programa de Inversións de Cesantes, presentado a finais do pasado mes de xaneiro. Dada a importancia do proxecto para os usuarios do porto de Cesantes, o ente público escoitará as súas preferencias antes de pechar o proxecto construtivo, que se baseará na proposta presentada hoxe. O deseño do edificio da lonxa está conformado por un só volume, de estética acorde ao contorno e a harmonía paisaxística da ría de Vigo, limitando, para elo, a altura da construción. O corpo do edificio está divido en dúas alturas. Na planta baixa situaríanse os espazos ligados ás actividades de venta, transporte, clasificación e almacenamento. Tamén se localizarían nela os vestiarios para os usuarios do rulo. A planta alta sería para usos administrativos, didácticos e de estudo, con estancias comúns.   Oo orzamento estimado da actuación sería de arredor de 630.000 euros, como se contemplaba no Programa de Inversión para o porto redondelán. Con esta construción daríase cumprimento á obriga adquirida na mesa de traballo conformada a continuación da presentación do mesmo, que estableceu a urxencia da construción da lonxa como prioridade do plan de investimentos. Este proxecto de inversións plurianual contempla, xunto coa lonxa, dotacións como a zona de varada e travellift ou os edificios de departamentos para usuarios e servizos náuticos. En total, Portos de Galicia deseñou para o porto de Cesantes unha inversión global de 6 millóns de euros, na que se enmarcan as citadas actuacións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: