JAVIER GUERRA APUNTA AO MAB COMO ALTERNATIVA DE CRECEMENTO PARA AS EMPRESAS E SALIENTA A RECEPTIVIDADE QUE ATOPA EN GALICIA

  • A liña de axuda do Igape para as empresas galegas que estudan a posibilidade de entrar no MAB incrementou a súas solicitudes nun 150%, este ano
  • Xunta tamén favorece a participación das empresas neste mercado mediante deducións do 20%, na asignación autonómica do IRPF, das cotas investidas en accións
  • Guerra lembrou que “os empresarios, emprendedores, autónomos e comerciantes son os portadores da semente da reactivación económica”
  • O programa integral de apoio á iniciativa emprendedora da Consellería permitiu, mobilizar investimentos próximos aos 30 millóns de euros e activou dous fondos de capital risco de XesGalicia, dotados con 3,3 millóns de euros
  • O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, celebrou hoxe un encontro coa Asociación Galega da Empresa Familiar, no transcurso dunha xornada sobre as oportunidades que representa o Mercado Alternativo Bursátil, na que tamén participou o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Joaquín Varela de Limia. O titular de Economía destacou que o MAB representa unha “alternativa moi atractiva” para impulsar o “crecemento” das empresas galegas e considerou imprescindible que as empresas con potencial de crecemento procuren medrar e expandirse, “o que implica analizar as posibilidades de captación recursos”. Neste sentido, o conselleiro destacou que o desenvolvemento do MAB pode contribuír “moi positivamente” á profesionalización da estrutura directiva das compañías,  asociada a un incremento da produtividade, tanto do traballo como do capital. O conselleiro sinalou que “o MAB resulta particularmente atractivo para o tecido empresarial galego”, de xeito que o Igape ten habilitado un programa de axudas específico para facilitar a análise das empresas galegas que desexan estudar as súas posibilidades de acceso e este Mercado. Trátase dun programa pioneiro a nivel nacional, cunha dotación orzamentaria que se incrementou nun 50% para o presente exercicio e que recibiu nesta convocatoria un 150% máis de solicitudes, que en 2010. O obxectivo destas axudas é facer posible para as empresas a posta en marcha de sondaxes de prevaloración que lles permitan decidir se están en condicións de abordar o inicio do proceso, e tamén a posterior fase de realización de estudos en profundidade, orientados á preparación de acceso ao MAB, contando coa colocación dos títulos no mercado, a definición das operacións de saída e a valoración da documentación precisa de cara ao CNMV e ao MAB . Estas subvencións, a fondo perdido, cobren o 50% dos gastos de consultaría, até os 8.000 euros, no caso das prevaloracions, e ata 50.000 euros, para a preparación de acceso definitiva . Por outra banda, o conselleiro de Economía e Industria lembrou que o Goberno da Xunta de Galicia tamén favorece a participación das empresas, neste mercado, mediante bonificacións fiscais que permiten deducións do 20%, na asignación autonómica do IRPF, das cotas investidas en accións vía MAB,.

Emprendemento

Por outra banda, Guerra engadiu que “os empresarios, emprendedores, autónomos e comerciantes son os portadores da semente da reactivación económica” e  “os protagonistas do cambio”, nun contexto no que recoñeceu a importancia da empresa familiar en Galicia. Neste sentido, apuntou que a Consellería de Economía e Industria puxo en marcha un programa integral de apoio á iniciativa emprendedora que, permitiu, mobilizar investimentos próximos aos 30 millóns de euros, ao abeiro das liñas do Igape, e habilitou dous fondos de capital risco de XesGalicia, dotados con 3,3 millóns de euros, en total.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: