Noticias Ayuntamiento de Vigo – 24-03-11 – Galicia


Abel Caballero indica que, coas 28 novas motos, en maio estará renovada toda a flota de vehículos da Policía Local

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, presentaron este xoves as 28 novas motos para a Policía Local, cun investimento de 343.000 euros, que súmanse ás 12 adquiridas nos últimos anos. Caballero recordou que nun mes chegarán os novos coches, polo que estima para maio a renovación completa do parque mobil policial. O rexedor englobou estas medidas municipais na «vocación de modernizar e por en valor á Policía Local».

 


O alcalde e o Secretario Xeral de Innovación comprometen «cooperación» para difundir en Vigo as políticas de emprego do Ministerio de Ciencia

O alcalde, Abel Caballero, e o Secretario Xeral de Innovación, Juan Tomás Hernani, acordaron este xoves que a páxina web municipal inclúa todas as axudas á innovación das que dispón a Secretaria, e ambas institucións colaborarán de forma «máis estreita e mellor» para que o Concello ofreza as políticas de emprego e emprendemento do Ministerio de Ciencia. Hernani asegurou que a actividade económica en Galicia do seu departamento triplicouse nos últimos anos.

 


Xabier Alonso destaca a alta participación no XII Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, con 250 preinscritos

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, participou este xoves na presentación do XII Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, integrada na VigoBikeContest, que se celebrará nos montes de Fragoselo de Coruxo o vindeiro fin de semana, 26 e 27 de marzo. O concelleiro nacionalista salientou o alto número de participantes cos que contará o descenso internacional, que se celebrará o domingo ás 12 horas, ao ter xa 250 preinscricións.

 


Medioambiente organiza unha prantación para a infancia de 200 árbores autóctonas no renovado humidal de Muíños

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou hoxe xoves esta iniciativa cun dobre obxectivo: a recuperación do arborado autóctono polo Dia Mundial da Árbore e a rehabilitación do humidal de Muíños. Neste espazo, o Concello xa limpou 900 toneladas de escombro, especies invasoras etc que permitiu a repoboación da fauna. A edil invitou a pais e fillos a participar o próximo domingo nesta actividade.

 

O Concello colaborará coa Asociación de Viúvas Demócratas na celebración do seu III Congreso

O vindeiro sábado 26 de marzo, a Asociación abordará neste congreso os problemas, aportes, desafíos e camiños posibles desde os campos político, histórico, económico e sociocultural, así coma as posibilidades legais e económicas das que dispón este colectivo para mellorar a difícil situación que padecen.

 

Apertura ao público da Pinacoteca Municipal

O venres 25 de marzo ás 20 horas ábrese ó público a nova Pinacoteca Municipal , situada na rúa Abeleira Menéndez nº 8. Con tal motivo organizaranse visitas guiadas en grupos de 20 persoas ata ás 22 horas.

 

A Federación Galega de Municipios de Provincias e as sete cidades con maior poboacion de Galicia celebran unha xornada técnica de debate sobre os grandes retos da educación dende unha perspectiva municipal

Máis de 200 representantes políticos e técnicos de concellos de Galicia abordarán nunha xornada que se celbra o xoves 24, en catro comisións de traballo un debate que hai uns meses foi iniciado por un grupo de traballo integrado polas sete cidades con maior poboación de Galicia e que a partir desta xornada se pretende estender nos próximos meses ao conxunto dos 315 concellos galegos.

 


VigoZoo organiza diversos cursos con motivo do seu XL Aniversario

O organismo autónomo dependente da Concellería de Medioambiente que dirixe Chus Lago oferta 30 prazas para o Primeiro Curso de Teleanestesia Veterinaria que xa ten aberto o prazo de inscrición. A principios do mes de marzo, 30 persoas participaron nas primeiras xornadas formativas de Educadores.

 

Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 25 DE MARZO DE 2011.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: