Santi Domínguez salienta que se duplicou o orzamento de Benestar para ofrecer máis axudas, programas e dotacións

Traballar para a xente, dar resposta as súas demandas, atender as súas necesidades e resolver os seus problemas foron segundo o tenente de alcalde, Santi Domínguez, os obxectivos prioritarios da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social nestes catro anos de lexislatura. No acto de balance da xestión municipal, no que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o nacionalista salientou que a mellora da atención social foi posible duplicando os orzamentos, ata chegar case aos 10 millóns de euros, medida que considerou especialmente necesaria na situación de crise actual.
 “Pódese prometer moitas cousas e asegurar que se van facer moitas máis, pero o certo é que sen recursos económicos non é posible cumprir eses compromisos”, afirmou Santi Domínguez. Segundo destacou, “no BNG tivemos claro que nestes tempos de crise poderíamos recortar en calquera outra área, pero non nos servizos sociais”. Afirmou que a ampliación das partidas de Benestar permitiron incrementar as persoas participantes no programa de axuda no fogar; conceder máis becas de libros e comedor,  ao aumentar o seu orzamento nun 75%; dar máis axudas de emerxencia, e ofrecer máis servizos ás persoas dependentes. “Proporcionamos, en definitiva, máis e mellores servizos á cidadanía”, asegurou. Santi Domínguez deu conta dalgúns dos programas innovadores postos en marcha pola Concellería de Benestar Social nestes catro anos no obxectivo de mellorar a calidade de vida dos vigueses e viguesas. Salientou os  destinados a promover a igualdade e a prol da mellora da mobilidade, que motivaron a concesión ao Concello de Vigo do premio que outorga a Confederación española de persoas con discapacidade física y orgánica (COCEMFE). Ao respecto mencionou o programa de eliminación de barreiras arquitectónicas, no que se investiron máis de 2,3 millóns de euros en facer accesibles edificios municipais, instalacións deportivas e mercados. “Nunca se fixera un programa tan ambicioso como neste mandato” comentou. O tenente de alcalde tamén destacou o programa bonotaxi, para favorecer os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida. Por outra banda, o nacionalista salientou a aposta feita dende o BNG polas persoas máis desfavorecidas e que sofren exclusión social. A apertura en Vigo, por primeira vez, dun dispositivo de frío para acoller ás persoas sen teito, así como os dous pisos nos que se desenvolve un programa de atención á vida autónoma para impulsar a inclusión social, foron dúas das medidas ás que fixo referencia o tenente de alcalde. Aínda que recoñeceu que queda a “asignatura pendente” do albergue, asegurou que o BNG fixo “todos os esforzos posibles para que fora unha realidade neste mandato”. “A mellora da atención aos usuarios foi tamén unha peza clave da nosa xestión”, destacou Santi Domínguez. Afirmou que para conseguilo abríronse novas dotacións sociais como os Centros de Día Atalaia, Coia e a próxima apertura doutro no Parque Tecnolóxico e as escolas infantís da rúa Palencia e o Parque Tecnolóxico, así como novos Centros Municipais de Servizos Sociais como o de Coia. Segundo o nacionalista, “o aumento das axudas, programas e dotacións amosan que o noso compromiso era real”. A concelleira de Benestar referiuse a transformación que se fixo nestes anos nos servizos sociais. Sinalou a incremento de persoal que tivo o departamento de o desdobramento das Unidades de Traballo Social para mellorar a atención.  A nacionalista tamén fixo fincapé en todas as actividades de Avellentamento Activo e Deporte para maiores nas que participaron máis de 5.000 persoas. María Méndez tamén falou do incremento dos programas de atención á infancia e a familia con intervencións en catro barrios da cidade de integración a través do tempo de lecer. Así como do incremento das actividades de prevención do Plan Local sobre Drogodependencias, co que se chegou a 10.000 nenos e nenas e 100 centros educativos. A concelleira fixo tamén especial mención a todo o traballo realizado a prol da migración e de cooperación e solidariedade.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: