s traballadoras/es de Linorsa retomarán as protestas se Concello e empresa seguen sen cumprir o acordo
Os traballadoras e traballadores da limpeza dos colexios públicos de Vigo anunciaron hoxe que retomarán as mobilizacións se antes do vindeiro martes Concello e empresa non as convocan a unha reunión para tratar o incumprimento do pacto que puxo fin a 22 días de folga. Dende a CIG-Servizos denuncian que a actitude represiva de Linorsa contra as delegadas/os da central nacionalista estase a trasladar a outras zonas da provincia onde a compañía ten concesións públicas. Leer más…
ECONOMÍA E INDUSTRIA SALIENTA QUE O CONCURSO EÓLICO SEGUE O SEU CURSO NORMAL E AFIRMA QUE É ROTUNDAMENTE FALSO QUE ESTÉ SUSPENDIDO
A Consellería de Economía e Industria afirma que o concurso eólico segue o seu curso normal para converter a adxudicación de 2.325 novos MW eólicos no maior plan industrial da historia de Galicia e salienta que é rotundamente falso que esté suspendido.
O departamento que dirixe Javier Guerra nega calquera omisión das súas funcións, e garante que o día 11 de febreiro de 2011, con número de rexistro de saída 5639, o secretario xeral da Consellería de Economía e Industria enviou o acordo de denegación de suspensión do concurso eólico como consecuencia do recurso interposto pola empresa EDP Renovables o 28 de xaneiro co seguinte texto: – Leer más…
opinión del FUI del Círculo de Empresarios de Galicia sobre la demora en la ejecución del AVE a Galicia,
Círculo de Empresarios defiende el potencial económico y exportador de la comunidad gallega para reivindicar la llegada de la Alta Velocidad
- Rechaza cualquier campaña en contra del AVE gallego, basada en supuestos criterios de priorización y rentabilidad de inversiones
- La economía española seguirá basculando hacia el eje mediterráneo si no se ejecutan inversiones en infraestructuras conducentes al equilibrio interterritorial. Así lo entiende el Foro de Urbanismo e Infraestructuras (FUI) del Círculo de Empresarios de Galicia-CFV, tras analizar la posible repercusión de la demora en la ejecución de las redes ferroviarias de Alta Velocidad en Galicia. Leer más…
recordatorio actividades fin de semana 26 e 27 de marzo no Verbum
representación teatral do domingo 27 de marzo ás 20 horas que acheguei no correo anterior, recordamos as actividades desta fin de semana:
Cine infantil e xuvenil para mañá sábado ás 17.30 horas, película “MULAN”.
Os obradoiros do domingo ás 12 horas “VERBUM CON V DE VIGO” para nenos de 5 a 12 anos.
Visita da exposición temporal “MÚSICA EN BRANCO: MEMORIA DUNHA CIDADE”. Último día domingo 27 (de 10 a 19 horas).
Todas as actividades e exposicións temporais teñen entrada gratuíta para todos os asistentes.
MÁIS DE 10.800 TRABALLADORES BENEFICIARANSE ESTE ANO DE TRES LIÑAS DE AXUDAS DA XUNTA QUE SUPERAN OS 60 MILLÓNS DE EUROS
O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, presentou hoxe un total de 10 convocatorias de subvencións que se agrupan en tres eixos principais
- Para fomentar a contratación de traballadores nas empresas galegas destinaranse preto de 19 millóns de euros
- Esta iniciativa, que prevé beneficiar a máis de 4.150 traballadores, foi aprobada xa o ano pasado no seo do diálogo social
- Para axudar aos emprendedores, a Consellería de Traballo e Benestar destinará máis de 27,1 millóns de euros cos que se prevé subvencionar a 4.000 autónomos
- Por último, para promover a integración laboral das persoas en risco de exclusión social resérvanse máis de 14,1 millóns, unha contía da que se poderán beneficiar máis de 2.600 persoas Leer más…
A XUNTA APROBA O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE TUI
A Administración galega outorgou a finais de xaneiro a aprobación definitiva, con carácter parcial, ao Plan xeral de ordenación municipal, por mor da detección de certas eivas documentais
- Unha vez introducidas, a Xunta aproba definitivamente o plan. Unha decisión que foi comunicada esta mañá a este municipio pontevedrés
- O Concello de Tui leva redactando o seu documento de planeamento dende decembro de 2000 e a Administración galega destinou axudas á redacción de planeamento por un importe de 141.600 euros Leer más…
A CIG chama á cidadanía a participar na manifestación de Vigo en defensa do sector naval e do emprego
A CIG ten convocada unha manifestación para o vindeiro 14 de abril en Vigo en defensa do naval e do emprego como resposta á crítica situación que atravesa o sector. A central nacionalista considera imprescindíbel a mobilización social e a presión política para manter unha industria da que dependen máis de 10.000 empregos na comarca e que no último ano e medio xa perdeu arredor de 7.500 traballadores/as.
Os detalles da marcha foron expostos esta mañá en rolda de prensa polo secretario nacional da Federación do Metal, Xoán Xosé Bouzas Aboi, polo responsábel do Naval, César Rodríguez, e polo secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero. Os representantes sindicais explicaron que a manifestación, que se celebra baixo o lema “En defensa do sector naval e do emprego”, será o vindeiro xoves 14 de abril e partirá de Vía Norte ás 20.00 horas. Está previsto que remate na delegación da Xunta de Galiza na cidade. Leer más…
DOUS NOVOS GRUPOS GALEGOS ACTUARÁN MAÑÁ CON DEF CON DOS E O’FUNK’ILLO NO COLISEO DA CORUÑA NO CERTAME “AIRIÑOS DE ROCK&ROLL”
Trátase da final desta iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, na que tomaron parte 64 bandas de toda Galicia
- Durante a tarde de mañá, elixíranse aos dous finalistas dun total de 14 grupos que chegaron ata esta fase
Dous novos grupos galegos actuarán mañá como teloneiros dos grupos Def Con Dos e O’Funk’Illo no Coliseo da Coruña. Esta actuación constitúe a final do certame “Airiños de Rock&Roll”, unha iniciativa organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado –da Consellería de Trabalo e Benestar-, e na que tomaron parte 64 bandas de toda Galicia. Durante a tarde de mañá, actuarán primeiro os 14 grupos semifinalistas deste certame, dos que se elixirán os dous finalistas. Leer más…