A CIG chama á cidadanía a participar na manifestación de Vigo en defensa do sector naval e do emprego

A CIG ten convocada unha manifestación para o vindeiro 14 de abril en Vigo en defensa do naval e do emprego como resposta á crítica situación que atravesa o sector. A central nacionalista considera imprescindíbel a mobilización social e a presión política para manter unha industria da que dependen máis de 10.000 empregos na comarca e que no último ano e medio xa perdeu arredor de 7.500 traballadores/as.
Os detalles da marcha foron expostos esta mañá en rolda de prensa polo secretario nacional da Federación do Metal, Xoán Xosé Bouzas Aboi, polo responsábel do Naval, César Rodríguez, e polo secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero. Os representantes sindicais explicaron que a manifestación, que se celebra baixo o lema “En defensa do sector naval e do emprego”, será o vindeiro xoves 14 de abril e partirá de Vía Norte ás 20.00 horas. Está previsto que remate na delegación da Xunta de Galiza na cidade.
Aboi comezou a súa intervención lembrando que o naval é un sector estratéxico non só para Vigo e a súa comarca, senón tamén para o conxunto do país, “polo volume de traballadores/as que ocupa, polo seu alto valor tecnolóxico que crea valor engadido e porque implica a moitos sectores de actividade diferentes na fabricación e montaxe de equipamentos”. Incidiu en que se trata dunha industria con moito futuro, tendo en conta o crecemento que están a experimentar os tráficos marítimos e os traballos no mar.
Pola contra, alertou da situación crítica que está a vivir o sector en Galiza, nomeadamente nas zonas de Ferrol e Vigo, cifrando nuns 7.500 postos de traballo os que se perderon dende o comezo de 2010 na comarca viguesa. “Pasamos dunha industria con máis de 10.000 traballadores/as e ter non máis de 2.500 persoas ocupadas na actualidade”, cifrou. O secretario nacional da CIG-Metal fixo especial fincapé nos problemas de supervivencia das empresas auxiliares pola falta de liquidez das principais, lembrando que “das arredor de 270 que existían hai ano e medio quedan menos de 70”.
No que respecta á situación dos estaleiros, advertiu que só Freire e Metalships poden garantir actividade até fin do 2012, mentres que Barreras, Vulcano, Armón, Cardama e Armada verán reducida a súa carga de traballo cando rematen os barcos que están a construír e o seu futuro depende de novos proxectos e dos concursos de acredores (Vulcano e Factoría Naval de Marín).
Diante disto, reclamou que mobilización social e presión política vaian da man para intentar buscar solucións diante da diminución progresiva na carga de traballo dada a redución drástica nos encargos actuais, “que pode deixar o sector por debaixo da súa capacidade de recuperación e resposta futura”. En canto ás propostas de solución, citou a creación dunha liña especial de axudas para as empresas principais que garantan a súa viabilidade económica; potenciación do centro de reparacións da Ría de Vigo e o mercado emerxente da transformación de buques; promover unha maior coordinación entre as empresas das Rías de Vigo e Pontevedra para mellorar a súa xestión; fomentar servizos de apoio á investigación oceanográfica e pesqueira; e apostar polo Centro Tecnolóxico do Naval Galego para mellorar a competitividade.
Pola súa banda, as propostas para a industria auxiliar pasan por evitar despedimentos nesta conxuntura para garantir que a man de obra cualificada siga no sector; desenvolver plans de formación aproveitando os períodos de inactividade; apoiar a empresa e traballadores/as afectados por EREs con prestacións de desemprego e pago das cotas da Seguridade Socia,e liñas especiais de avais para garantir a viabilidade das empresas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: