DOUS NOVOS GRUPOS GALEGOS ACTUARÁN MAÑÁ CON DEF CON DOS E O’FUNK’ILLO NO COLISEO DA CORUÑA NO CERTAME “AIRIÑOS DE ROCK&ROLL”

  • Trátase da final desta iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, na que tomaron parte 64 bandas de toda Galicia
  • Durante a tarde de mañá, elixíranse aos dous finalistas dun total de 14 grupos que chegaron ata esta fase

Dous novos grupos galegos actuarán mañá como teloneiros dos grupos Def Con Dos e O’Funk’Illo no Coliseo da Coruña. Esta actuación constitúe a final do certame “Airiños de Rock&Roll”, unha iniciativa organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado –da Consellería de Trabalo e Benestar-, e na que tomaron parte 64 bandas de toda Galicia. Durante a tarde de mañá, actuarán primeiro os 14 grupos semifinalistas deste certame, dos que se elixirán os dous finalistas. Estas bandas preseleccionadas deberán tocar durante un máximo de cinco minutos na sala “O Túnel” do Coliseo, para que, ao final, o xurado escolla ás dúas bandas que exercerán como teloneiros no concerto principal con Def Con Dos e O’Funk’Illo, que comezará ás dez da noite. En total, presentáronse ao certame “Airiños de Rock&Roll” 64 bandas de toda Galicia, de moi diversos estilos, que agrupaban a 286 músicos. Para preseleccionar aos 14 grupos tivéronse en conta unha gran cantidade de factores. Así, revisáronse a fondo os temas que se recibiron, estudáronse as traxectorias dos grupos, así como a proxección de futuro de cada unha das bandas, e por suposto, avaliouse polo miúdo a súa música. O listado de grupos semifinalistas é a seguinte: Cincocerocuatro (504), Kertuler, Nostatic, Yidorah, Tregua, Yuno, Janie´s gun, Arrhythmia, Tapiporla, Funi Flou, Masmel, Septiembre, Raiba, e Estado Puro. Todas as 64 bandas que se presentaron a este certame están convidadas a participar o mesmo sábado a unha master-class impartida por Pepe Bao, un dos mellores baixistas de España, e máis ao concerto de Def con Dos e O’Funk’Illo. O xurado do certame “Airiños de Rock&Roll” está composto por José Vicente Martínez Ferreiro (Locutor da Radio Galega), Francisco Gómez Seijo (Promotor, Músico e Productor) e Juan Vázquez Rey (Productor de eventos musicales).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: