ECONOMÍA E INDUSTRIA SALIENTA QUE O CONCURSO EÓLICO SEGUE O SEU CURSO NORMAL E AFIRMA QUE É ROTUNDAMENTE FALSO QUE ESTÉ SUSPENDIDO

A Consellería de Economía e Industria afirma que o concurso eólico segue o seu curso normal para converter a adxudicación de 2.325 novos MW eólicos no maior plan industrial da historia de Galicia e salienta que é rotundamente falso que esté suspendido.
 O departamento que dirixe Javier Guerra nega calquera omisión das súas funcións, e garante que o día 11 de febreiro de 2011, con número de rexistro de saída 5639, o secretario xeral da Consellería de Economía e Industria enviou o acordo de denegación de suspensión do concurso eólico como consecuencia do recurso interposto pola empresa EDP Renovables o 28 de xaneiro co seguinte texto: –“Denegar a solicitude de suspensión da resolución impugnada durante a tramitación do recurso interposto”. Esta resposta foi recibida pola empresa o pasado 16 de febreiro, como así consta no acuse de recibo. Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria insiste en que é falso que o concurso esté suspendido, e que nada cambia na adxudicación de 2.325 novos MW eólicos que permitirán cumprir co obxectivo marcado polo Parlamento de Galicia de chegar ao ano 2012 con 6.500 MW de potecia eólica autorizada. Todos os obxectivos marcados no Plan Re-Xurde vanse acadar logo de aportar seguridade xurídica ao sector a través dunha Lei pioneira, racionalizar o procedimento administrativo autorizador dende a transparencia, a obxectividade e a axilidade administrativa, e garantir os plans industriais a través dos requisitos financeiros e a materialización dos parques.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: