MÁIS DE 10.800 TRABALLADORES BENEFICIARANSE ESTE ANO DE TRES LIÑAS DE AXUDAS DA XUNTA QUE SUPERAN OS 60 MILLÓNS DE EUROS

  • O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, presentou hoxe un total de 10 convocatorias de subvencións que se agrupan en tres eixos principais
  • Para fomentar a contratación de traballadores nas empresas galegas destinaranse preto de 19 millóns de euros
  • Esta iniciativa, que prevé beneficiar a máis de 4.150 traballadores, foi aprobada xa o ano pasado no seo do diálogo social
  • Para axudar aos emprendedores, a Consellería de Traballo e Benestar destinará máis de 27,1 millóns de euros cos que se prevé subvencionar a 4.000 autónomos
  • Por último, para promover a integración laboral das persoas en risco de exclusión social resérvanse máis de 14,1 millóns, unha contía da que se poderán beneficiar máis de 2.600 persoas
  •  A Consellería de Traballo e Benestar destinará este ano máis de 60 millóns de euros a axudas das que se poderán beneficiar máis de 10.800 traballadores, entre autónomos, emprendedores e persoas con discapacidade e en risco de exclusión social. O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, presentou hoxe un total de 10 convocatorias de subvencións da súa área que se agrupan en tres eixos principais: incentivos á contratación de traballadores en empresas galegas; axudas para emprendedores e para persoas en risco de exclusión social. Diversas destas axudas xa están en marcha, algunha sae hoxe mesmo publicada no Diario Oficial de Galicia e outras farano nos próximos días. Todas as contías de cada liña de subvencións poderá ser ampliada ao longo do ano.  Incentivo da contratación en empresas.-No eixo dirixido a incentivar a contratación de traballadores en empresas galegas, a Xunta destinará preto de 19 millóns de euros ao longo de 2011. Trátase dunha convocatoria de axudas que foi aprobada en 2010 en consenso con patronal e sindicatos no seo do diálogo social e que prevé beneficiar a máis de 4.150 persoas. Esta orde, que está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) inclúe tres tipos de programas diferentes: para fomentar a contratación indefinida inicial; incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos; e incentivos á contratación temporal. Poderán ser beneficiarios os empregadores e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens. As contías oscilan entre os 1.800 euros do programa de incentivos á contratación temporal aos 9.600 euros para fomentar a contratación indefinida inicial. Serán colectivos prioritarios persoas desempregadas de longa duración; que esgotasen as prestacións por desemprego; parados maiores de 45 anos; mozas e mozos desempregados de 30 ou menos anos de idade, sen cualificación; parados que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia de xénero; mozos e mozas desempregados con cualificación; e persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.

Emprendemento

O segundo grupo de axudas está destinado a favorecer o emprendemento e o autoemprego e prevé beneficiar a máis de 4.000 autónomos e emprendedores.  Para este fin, a Consellería de Traballo e Benestar reserva máis de 27,1 millóns de euros. Trátanse de seis liñas de subvencións diferentes:

  • Programa para promover o emprego autónomo que conta con máis de 22,7 millóns de euros, que se reforza este ano con 4,4 millóns máis que en 2010.
  • Programa de apoio ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego         -ILEs- para o que se reservan máis de 1,4 millóns de euros
  • Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego -I+E+E- que suma 1,9 millóns
  • Programa de axudas e subvencións ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica      -IeBTs- que conta con 600.000 euros
  • Incentivos para promover a afiliación á seguridade social das persoas cotitulares de explotacións agrarias con preto de 297.000 euros
  • Programa de axudas a asociacións de autónomos ao que se reservan 200.000 euros
  • A convocatoria do programa para promover o emprego autónomo sae hoxe mesmo publicada no Diario Oficial de Galicia, mentres que os programas de apoio ás I+E+E, ás IeBTs e de promoción da afiliación á seguridade social das persoas cotitulares de explotacións agrarias sierán publicadas a vindeira semana.   O programa de apoio ás empresas cualificadas como ILEs na actualidade está en fase de elaboración e as subvencións destinadas a asociacións de autónomos que xa están en marcha.  Discapacidade.-Por último, o terceiro eixo das subvencións da Dirección Xeral de Promoción de Emprego céntrase en promover a integración laboral das persoas con discapacidade e en risco de exclusión social. Neste apartado inclúense tres liñas de axudas diferentes que suman máis de 14,1 millóns de euros cos que se prevé beneficiar a máis de 2.600 persoas que forman parte deste colectivo. Por unha banda,  a Consellería de Traballo e Benestar xa publicou no DOG axudas por valor de 11 millóns de euros para fomentar a integración laboral nos centros especiais de emprego para persoas con discapacidade. Doutro lado, o Consello da Xunta autorizou onte subvencións por valor de 3 millóns de euros dirixidas ás empresas galegas para a contratación de persoas con discapacidade e para financiar un programa de emprego con apoio que inclúe asesoramento no propio posto de traballo. Por último, o departamento autonómico está a elaborar un programa de incentivos para as empresas de inserción laboral que contará cun financiamento de 200.000 euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: