s traballadoras/es de Linorsa retomarán as protestas se Concello e empresa seguen sen cumprir o acordo

Os traballadoras e traballadores da limpeza dos colexios públicos de Vigo anunciaron hoxe que retomarán as mobilizacións se antes do vindeiro martes Concello e empresa non as convocan a unha reunión para tratar o incumprimento do pacto que puxo fin a 22 días de folga. Dende a CIG-Servizos denuncian que a actitude represiva de Linorsa contra as delegadas/os da central nacionalista estase a trasladar a outras zonas da provincia onde a compañía ten concesións públicas.
A secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo, que compareceu en rolda de prensa xunta ao secretario comarcal e a presidenta do comité de empresa, desvelou que os delegados/as da central nacionalista están comezando a ter problemas coa dirección de Linorsa en concesións da provincia dependentes da Xunta de Galiza, como o Sergas ou a Consellería de Educación, “aínda que na Coruña e Ourense xa están a notar tamén un trato diferente”. No caso de Vigo, indicou que unha delegada sindical está a ser marxinada, ato punto de que non se reúne o comité para que non participe, “ademais de quitarlle horas de traballo e competencias”. María do Tránsito Fernández cualificou de inadmisíbel esta situación e adiantou que as protestas terán como obxectivo a empresa e o Concello “pola súa complicidade na represión sindical”.
A secretario comarcal da CIG-Servizos de Vigo lembrou que Linorsa segue negándose a cumprir o acordo sen que o Concello faga nada, en concreto a ampliación da xornada a tres persoas e a readmisión dunha traballadora despedida por participar no paro.
Pola súa banda, Serafín Otero amosouse moi crítico coa actitude da empresa e do Goberno local, porque ademais de non cumprir o pactado “dixeron que nos convocarían a unha reunión polo que aínda estamos agardando”. Tamén denunciou a represión sindical que están a sufrir os representantes da CIG e quixo deixar claro que a problemática afecta xa á central no seu conxunto, polo que é moi posíbel que o conflito se estenda a nivel nacional.
Denuncia da UGT
Na rolda de prensa tamén deron conta dunha denuncia da UGT contra a CIG polos comentarios aparecidos nos medios de comunicación nos que se acusaba ao sindicato español de manter unha estratexia conxunta coa empresa e con algúns responsábeis municipais. Fernández dixo descoñecer aínda os detalles da mesma pero ofreceu algúns datos que reafirman o expresado con anterioridade, como que o cabeza de lista da candidatura da UGT en Linorsa é o irmán da dona do propietario da empresa ou a presenza de varios membros da familia propietaria no censo electoral. Tampouco quixo deixar pasar por alto o feito de que o concelleiro que levou a interlocución no conflito por parte do Concello, Santos Héctor, teña sido secretario comarcal deste sindicato ou que “curiosamente as persoas que comezaron a traballar na empresa con contratos fixo-discontinuos no mes de xuño foron despois nas listas da UGT”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: