Archive | marzo 27, 2011

Gala Vigueses Distinguidos 2011 – Reconquista de Vigo 2011.

Con la presencia de los galardonados, autoridades e invitados presentes se llevo a cabo la entrega de reconocimientos a los siguientes nombrados Plataforma por la defensa de la Sanida Pública,Unión Musical de Valladares, Fundación Banco de alimentos de Vigo,Dr. Cipriano Luis Jiménez Casa,Asociación de Directores de los colegios`públicos de Vigo,Club Maniotas, y medalla de oro de la ciudad a Fecovi (Federación de Comerciantes de Vigo). la lectura del bando institucional por el presidente del Real Club Celta don Carlos Mouriño Atanes, Concierto por el quinteto de la Orquesta Clásica de Vigo, lectura Glosa medalla de la ciudad por el cronista oficial  D. Bernardo Vasquez Gil y por úlitmo palabras del Alcade de Vigo don ABel Caballero quien resalto el valor de estos nombramientos; Leer más…

Festival do Norte puntos de venta entradas.

Festival do Norte

6 y 7 de mayo 2011

Recinto Ferial Exterior Fexdega

Vilagarcía de Arousa

abono anticipado*: 35€** taquilla: 45€

entrada día anticipada*: 25€** taquilla: 30€

Puntos de venta:

www.servinova.com ( 902504500) Leer más…

INAUGURACIÓN DO AUDITORIO “MAR DE VIGO CO A ACTUACIÓN DA SOLISTA GALEGA LUZ CASAL

  • Abel Caballero xunto co presidente do Pazo de Congresos e o presidente da Xunta de Galicia inauguraron o novo complexo cultural de Vigo
  • A actuación da soprano viguesa Begoña Salgueiro e o apagamento das luces con motivo da Hora do Planeta completaron o programa de actos Leer más…

JAVIER GUERRA AVANZA EN VIGO UN PROXECTO PIONEIRO PARA A DINAMIZACIÓN COMERCIAL DA CIDADE EN COLABORACIÓN COA AUTORIDADE PORTUARIA

  • O conselleiro de Economía e Industria e a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, contarán cos centros comerciais abertos e as asociacións de comerciantes para facilitar as compras dos cruceiristas que chegan a Vigo, a elaboración de tarxetas desconto para eles en determinados establecementos comerciais e a edición dun shopping plan en destino
  • O proxecto ten tamén un alto compoñente de innovación, posto que porá a disposición dos visitantes guías GPS portables con roteiros polas zonas máis turísticas e interesantes da cidade de Vigo
  • A colaboración da Consellería coa Autoridade Portuaria plasmarase tamén coa apertura da exposición ‘Tesouros perdidos’ de xoiería e obradoiros por parte do Instituto Galego de Consumo para avanzar na información e formación do consumidor

OS AXÓUXERES DESPIDEN UNHA EDICIÓN CHEA DE MÚSICA, XOGOS, CANTIGAS E TEATRO EN GALEGO PARA OS BEBÉS E AS SÚAS FAMILIAS

  • Unhas 3.500 persoas participaron no programa 2010-2011 da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que remata mañá no concello da Cañiza
  • A iniciativa percorreu as setes cidades e outros doce concellos co fin de favorecer a transmisión lingüística do galego.-Os Axóuxeres 2010-2011 despiden esta fin de semana unha programación que percorreu as sete cidades e outros doce concellos con música, cantigas, xogos e teatro en galego para os bebés e as súas familias. Leer más…

LUCÍA MOLARES FELICITA Á MANCOMUNIDADE DE MONTES DE VALADARES POR RECUPERAR E PROTEXER O PATRIMONIO NATURAL DO CEPUDO

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo participou esta mañá na inauguración do novo Miradoiro do Cepudo, ubicado no cumio máis alto da cidade olívica.  A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, agradeceu esta mañá o traballo que a Mancomunidade de Montes de Valadares está a realizar pola preservación e conservación do patrimonio natural no monte Cepudo así coma pola potenciación das novas tecnoloxías coa posta en marcha do novo centro de telecomunicacións que, ademais, ofrece a posibilidade de contar con cámaras de vixiancia que permiten a loita contra os lumes.
    No acto de inauguración do novo Miradoiro do Cepudo, ubicado nos montes da parroquia viguesa de Valadares, a representante do Goberno galego na cidade felicitou aos comuneiros polo traballo que levaron a cabo no cumio máis alto do municipio dende, coma dixo, “hai unhas vistas que non existen noutro lugar do mundo”. Así, avogou por traballar “de forma conxunta” para conseguir recuperar e conservar o noso patrimonio e os nosos montes. Neste senso, matizou a importancia de incorporar as novas tecnoloxías na conservación dos montes e engadiu que este ano, no que se conmemora o Ano Internacional do Voluntariado, “nunha nova publicación da Xunta de Galicia haberá un reflexo importante do traballo que a Mancomunidade de Montes ven realizando na loita contra os lumes”, facendo fincapé na detección dos focos iniciais habidos nos meses de agosto e setembro pasado e que evitaron a destrución da masa forestal en varios lugares e parroquias do contorno da comarca de Vigo. Por último, Molares tivo unhas verbas especiais para o traballo que as mulleres levan a cabo na Mancomunidade de Montes sinalando que, cada vez máis, teñen un peso maior na directiva; ademais de lembrar o legado que as artistas Antonella Tiozo e Filomena Almeida deixan no Roteiro das Esculturas do Mirador do Cepudo con dúas novas pezas escultóricas creadas no II Simposio Internacional de Esculturas realizado no ano 2008 polo Centro Veciñal e Cultural de Valadares.

O Presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, e o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, inauguraron esta tarde o Centro Sociocultural de Forzáns.

O Presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, e o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, inauguraron esta tarde o Centro Sociocultural de Forzáns. Este proxecto foi incluído polo alcalde no Plan de Inversións Provinciais 2009-2011 (PID) que a Deputación aprobou para os concellos da provincia. Así, a inversión realizada nesta actuación ascende a 189.149,81 euros. Leer más…

SANTI DOMÍNGUEZ: “O BNG LIDERARÁ A ALTERNATIVA Á DEREITA EN VIGO E EN TODO O PAÍS”

O candidato á alcaldía de Vigo asegurou que os concellos nos que gobernan os nacionalistas son un exemplo de políticas sociais  O candidato á alcaldía de Vigo polo BNG foi un dos oradores da Convención Electoral Nacional, onde asegurou que o BNG “liderará a alternativa á dereita, en Vigo e no conxunto do país”.“Temos que facer dos concellos un parapeto contra a crise e contra as políticas de dereitas que implanta o Partido Popular desde a Xunta e as deputacións que goberna”, dixo, ao tempo que advertiu do risco que o PP traslade aos concellos as política que está a aplicar en outras institucións Asegurou que os concelleiros e concelleiras do BNG vigués defenden “desde o goberno municipal, as políticas de igualdade e benestar”. Leer más…

O candidato nacionalista, Alberte Alonso Pereira,presentado no Rosal.

Alberte Alonso: “na actual situación de crise, é prioritario promover medidas encamiñadas á creación de emprego e ao desenvolvemento local” O BNG no Rosal presentou este xoves a candidatura para as próximas elección municipais. O acto tivo lugar no Centro Polivalente, que quedou pequeno para acoller ao numeroso público asistente. O candidato nacionalista, Alberte Alonso Pereira, referiuse na súa intervención, ao escenario de crise na que se van desenvolver estas eleccións, e na previsible continuación durante a próxima lexislatura. Nese sentido apuntou que o  BNG priorizará a súa actuación política en promover medidas encamiñadas á creación de emprego e ao desenvolvemento local, co fin de dinamizar a economía local. A creación dun viveiro de empresas vinculado aos sectores produtivos do Rosal; a execución do Polígono Empresarial; o apoio ás empresas que completen o ciclo produtivo na localidade, aos pequenos produtores ou a promoción do comercio local, foron algunhas das propostas formuladas por Alberte Alonso. Leer más…

Comunicado Día mundial do Teatro – Coperactiva Cultural e Festiclown

DÍA MUNDIAL DO TEATRO
Culturactiva e o Festiclown reivindican o carácter social e solidario do teatro
As e os actores e actrices, compañías, grupos e persoas vencelladas loitan a diario para que o teatro poida seguir existindo. No día mundial do teatro, Culturactiva e o Festiclown queren chamar a atención sobre as dificultades que esta manifestación cultural atopa para chegar ao seu destinatario, o público.
O teatro é vida, é a comunicación directa coa sociedade, é a inmediatez e a forza expresiva e o talento e centos de horas de preparación. Programacións coma o Carpactiva ou o Pistactiva, que levaron en 2008, 2009 e 2010 teatro e novo circo a parroquias da Estrada, outras meirandes coma o Festiclown ou o Magiclown son espazos de relacionamento humano urdidos a través do teatro, o circo e o clown. Leer más…