O Presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, e o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, inauguraron esta tarde o Centro Sociocultural de Forzáns.

O Presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, e o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, inauguraron esta tarde o Centro Sociocultural de Forzáns. Este proxecto foi incluído polo alcalde no Plan de Inversións Provinciais 2009-2011 (PID) que a Deputación aprobou para os concellos da provincia. Así, a inversión realizada nesta actuación ascende a 189.149,81 euros. En canto ós detalles técnicos, a obra consistiu no acondicionamento dunha antiga estructura de formigón existente no lugar, para transformala nun novo e moderno Centro Sociocultural para uso e disfrute dos veciños da parroquia de Forzáns. Cómpre lembrar que esta obra iniciou, por iniciativa veciñal, fai máis de 20 anos nunha parcela donada para tal fin. A imposibilidad de afrontar os gastos derivados da obra por parte dos veciños fixo que a estructura de pilares e formigón non avanzase en todo este tempo. Consciente desta situación, o alcalde a finais do 2006 plantexou ós veciños a posibilidade de que o Concello asumira a totalidade da obra para, o que se facía necesaria a cesión da parcela á entidade municipal (para poder incluir esta actuación no seu Plan de Inversións). Durante os últimos 3 anos houbo unha polémica veciñal que retrasou a cesión, aínda que, finalmente, resolveuse de maneira favorable á escritura de cesión asinouse en maio de 2009. A partir deste momento o alcalde encargou ós servizos técnicos municipais o proxecto e incluiuno no Plan de Inversións Municipal cumprindo así o compromiso adquirido coa xente de esa parroquia. O Centro Cultural consta dunha pranta baixa destinada a salón de actos de 160 m2 cos correspondentes aseos, unha sala para cociña e unha zona de almacén e vestiario. A rlanta alta, de 126 m2, consta dunha sala de usos múltiples para a impartición de cursos e a celebración de reunións e un aseo, ademais dunha ampla terraza. Con este novo centro o presidente provincial espera que a parroquia de Forzáns poida desenvolver toda a súa intensa actividade, tendo en conta a importante presenza cultural e social que ten esta parroquia dentro do municipio. Pola súa banda, o alcalde espera que coa construción deste centro se consiga superar a división veciñal que se deu nos últimos anos con motivo desta obra, conseguindo o obxectivo común de que Forzáns teña un Centro Sociocultural como se merece.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: