Comunicado Día mundial do Teatro – Coperactiva Cultural e Festiclown

DÍA MUNDIAL DO TEATRO
Culturactiva e o Festiclown reivindican o carácter social e solidario do teatro
As e os actores e actrices, compañías, grupos e persoas vencelladas loitan a diario para que o teatro poida seguir existindo. No día mundial do teatro, Culturactiva e o Festiclown queren chamar a atención sobre as dificultades que esta manifestación cultural atopa para chegar ao seu destinatario, o público.
O teatro é vida, é a comunicación directa coa sociedade, é a inmediatez e a forza expresiva e o talento e centos de horas de preparación. Programacións coma o Carpactiva ou o Pistactiva, que levaron en 2008, 2009 e 2010 teatro e novo circo a parroquias da Estrada, outras meirandes coma o Festiclown ou o Magiclown son espazos de relacionamento humano urdidos a través do teatro, o circo e o clown.  
As relacións sociais son intrínsecas ás persoas. Niso pensa o teatro, en entreter o público, en convocalo arredor dun texto e unha proposta escénica, en facelo pensar, rir, chorar… vivir. Nesta situación de recocemento que estamos a vivir “a xente” do teatro non abandona. Estamos vendo, en moitos casos, e desde os programadores e programadoras teatrais, ben sexan do ámbito público ou privado, amolecer programacións, acurtarse outras e diminuir en xeral a atención para coas programacións teatrais.
A arte da risa como fraternidade entre os pobos
As redes precisan engraxarse, retroalimentarse, activarse, para seguiren vivas. As redes do teatro galego precisan unha reparación a fondo para que este circule por vieiros acolledores e a sociedade poida recibir as mensaxes que os espectáculos teatrais conteñen.
Se ningún dos actores sociais actúa, as incribles propostas teatrais que producimos perderanse sen teren cumprido o seu obxectivo e as nosas táboas poden resentirse aínda máis. Por iso o Festiclown e Coperactiva Cultural – Culturactiva tomamos a iniciativa e traballamos en diversos proxectos sociais a través do teatro.
 Facendo propostas a institucións, mais tamén de forma directa a través de colectivos como Pallasos en Rebeldía, o teatro galego viaxa revolucionando a arte da risa como fraternidade entre os pobos. En Galicia, pero tamén noutros lugares como Chiapas ou Palestina, actrices e actores de todo o mundo desembarcan achegando propostas teatrais nas que expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: