INAUGURACIÓN DO AUDITORIO “MAR DE VIGO CO A ACTUACIÓN DA SOLISTA GALEGA LUZ CASAL

  • Abel Caballero xunto co presidente do Pazo de Congresos e o presidente da Xunta de Galicia inauguraron o novo complexo cultural de Vigo
  • A actuación da soprano viguesa Begoña Salgueiro e o apagamento das luces con motivo da Hora do Planeta completaron o programa de actos

 O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo presidente do Pazo de Congresos, Fernando Rodríguez- Avial e polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo inauguraron na tarde deste sábado, 26 de marzo, o Auditorio “Mar de Vigo”, chamado a converterse no punto de referencia dos grandes eventos socio económicos de Galicia e a achegar a arte e a cultura a todos os vigueses. Coa súa inauguración dáse resposta a unha das demandas históricas de Vigo, que reclamaba desde hai anos un espazo no que poder acoller congresos, exposicións e outros grandes eventos acordes coas necesidades da cidade. O Pazo de Congresos conta cunha superficie de 28.000 metros cadrados con capacidade para 2.500 persoas distribuída nunha sala principal -con aforo para 1.500 persoas e co escenario máis grande de Galicia-, unha sala polivalente -con capacidade para 500 persoas- e 6 salas de congresos -con aforo para outras 550 persoas-. Ademais o edificio dispón dun aparcadoiro  subterráneo con 325 prazas e unha zona de oficinas e comercial. Precisamente en parte desta última está previsto o emprazamento do Centro de Internacionalización de Ensinanzas do Campus Noroeste da Universidade Nacional de Educación a Distancia. O edificio é obra do prestixioso arquitecto César Portela quen desde o principio destacou a súa intención de simular un gran trasatlántico coa súa obra e, de feito, os símbolos de referencia ao mar están presentes en todo o edificio. Neste mesmo senso os cidadáns participaron na posta en marcha desta gran infraestrutura elixindo o nome do Auditorio “Mar de Vigo”, seleccionado entre máis de 600 propostas que participaron no concurso de ideas organizado polo Concello de Vigo. “Mar de Vigo” ademais de ser unha homenaxe a figura do primeiro xograr civil coñecido no mundo occidental, Martín Codax, resultou elixido pola vinculación da cidade a súa ría e por ser o mar o principal protagonista do edificio. Os materiais que compoñen este gran complexo cultural son o granito, a lousa, a madeira e o metal, seleccionados para a construción de toda a infraestrutura. O Auditorio permitirá a celebración de grandes eventos e fará posible a inclusión de Vigo na Rede de Congresos de España, de feito xa está confirmada a celebración de importantes citas congresuais para as próximas fechas. A infraestrutura, que suma un investimento preto aos 80 millóns de euros, complétase co hotel de 4 estrelas “Carrís Beiramar”, orientado a dar servizo ás actividades que se desenvolven no Auditorio.

 PARTICIPACIÓN

O acto de inauguración inicouse cunha actuación de danza do Clube Maniotas, que onte recibiron o galardón de Vigués Distinguido. Entre a multitude de persoas da vida política, social, cultural, económica e deportiva destacou a actuación da solista galega Luz Casal. A cantante interpretou varias pezas para dar paso, xa o domingo 27 de marzo, ao que será o primeiro gran espectáculo que acollerá o Auditorio, o concerto cun repertorio máis amplo. Tamén a solista viguesa Begoña Salgueiro volveu a demostrar a súa calidade artística, avalada polas innumerables actuacións tanto a nivel nacional coma internacional. Recentemente cantou xunto a Plácido Domingo na tempada do Teatro Real 2009-2010 na ópera Simon Boccanegra e foi premiada pola Fundación Orfeo, resultando finalista en numerosos concursos nacionais e internacionais. No acto de inauguración e sumándose a maior iniciativa na defensa do medioambiente o Auditorio apagou as súas luces durante 1 minuto adheríndose así a chamada Hora do Planeta 2011.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: