JAVIER GUERRA AVANZA EN VIGO UN PROXECTO PIONEIRO PARA A DINAMIZACIÓN COMERCIAL DA CIDADE EN COLABORACIÓN COA AUTORIDADE PORTUARIA
- O conselleiro de Economía e Industria e a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, contarán cos centros comerciais abertos e as asociacións de comerciantes para facilitar as compras dos cruceiristas que chegan a Vigo, a elaboración de tarxetas desconto para eles en determinados establecementos comerciais e a edición dun shopping plan en destino
- O proxecto ten tamén un alto compoñente de innovación, posto que porá a disposición dos visitantes guías GPS portables con roteiros polas zonas máis turísticas e interesantes da cidade de Vigo
- A colaboración da Consellería coa Autoridade Portuaria plasmarase tamén coa apertura da exposición ‘Tesouros perdidos’ de xoiería e obradoiros por parte do Instituto Galego de Consumo para avanzar na información e formación do consumidor